mércores, 30 de decembro de 2015

Torneo Ensino Lugo. Grandiosa Experiencia



No último fin de semana, xogamos o que serian, os derradeiros minutos do ano 2015, no torneo de Nadal que fixo o Clube PortaXI Ensino de Lugo, e que fumos gratamente invitados e no que foi dende logo unha gran experiencia para as xogadoras Cadetes do Clube.

Tivemos a oportunidade de xogar contra grandes equipos da comunidade veciña de Castela-León, asi como o Xuventude de Cambados da nosa comunidade, no que  a convivencia e o nivel de baloncesto xogado nese torneo, fixo que fose un grande Torneo a ter en conta nas datas de Nadal.

O Primerio encontro disputamolo, as 19:30 contra o equipo Castelano-leonés de BFLeón, un conxunto que xoga a división Autonómica de Castela-León. As nosas, non llo puxeron fácil as leonesas, e disputaron o encontro ate o final, pero o nivel das xogadoras de Castela e Léon foi determinante para que o encontro caera das máns delas, co resultado de 59-34


O segundo encontro o disputamos, o dia seguinte, as 11:00 da mañá, contra un conxunto da nosa comunidade, pero de outra liga superior, o conxunto era o Xuventude de Cambados. Co cansancio acumulado do encontro do dia anterior tan tarde, xogabamos relativamente cedo, e o xuven xogaba o seu primeiro encontro do torneo polo que chegaba fresco, e impoñia o seu ritmo alto de xogo, no que as rapazas aguantaron o que puideron, pero disputando o duelo e poñendo as cousas dificiles para as cambadesas, nas que o maior acerto exterior fixo que se fosen nun abultado marcador de 74-47 para as das Rias Baixas.

Xa no derradeiro encontro, volviamos xogar a primeira hora da tarde, e coa comida ainda baixando pola gorxa, xogariamos o derradeiro encontro contra outro equipo de Castela e León, o Colexio Leonés, un conxunto que tivo mais tempo de descanso e iso notouse na pista a hora do encontro. Un encontro que o cansancio fixo mella nas rapazas, no que chegamos gañando o primeiro cuarto e o segundo se nos fixo eterno, no que as rapazas, so puideron dar o mellor de elas para que o resultado non fose moi abultado. 68-39.
Pola nosa parte, dar gracias o Ensino de Lugo, pola invitación o torneo, e sorte para futuras edicions, nas que sen dúbida que as nosas rapazas querran repetir experiencia.
Mostrando IMG_4349.JPG



Dar gracias sobre todo, os afeccionados pais que se achegaron a Lugo e compartiron a experiencia como se fosen un mais do equipo, animando en todos os encontros, e colaborando para que todo fose a pedir de boca.
Dar gracias tamén a Critobal Fojo por cedernos as instantaneas do acontecemento.

Saudos a Todos e Feliz entrada e salida de Ano.!!




mércores, 23 de decembro de 2015

O cadete feminino invitado a o torneo de navidade do Ensino de Lugo.

Con motivo das vacacions de Nadal o Porta XI – Ensino organiza o torneo cuadrangular internacional feminino no que se reúnen xogadoras de 4 equipos en catro categorías diferentes: alevín, infantil, cadete y junior.
Co fin de achegar o baloncesto nunhas fechas tan familiares y debido o parón que sofren as ligas nacionais y autonómicas, realizan a segunda edición do torneo para compartir con outros clubes este deporte na época vacacional. Esta segunda edición mellora a primeira polo seu carácter internacional e se espera que sexa un éxito tanto organizativo como deportivo.
O equipo cadete feminino, foi convidado a este torneo por primeira vez, no que se enfrentará a grandes equipos, tanto galegos como do resto do territorio español.
Estes son os horarios dos Encontros



luns, 21 de decembro de 2015

Peche de primeira fase do Cadete con Victoria ante Santa Maria del Mar

Encontro disputado en horario de tarde no Colexio Calasancias, as 18:00, tarde desapacible no exterior pero agradable no interior do pavillón da Escola, e sobre todo o ver o encontro que iamos disputar.
Comezo frenético por ámbolos dous conxuntos onde o Santa Maria do Mar aguantou as envestidas das Calasancias no primeiro cuarto. Despois do anterior encontro, as locais ian con gañas a xogar para enmendar os erros cometidos contra o colista, e sairon a por todas dende os primeiros minutos , pero descoidando un pouco a defensa no que as visitantes, conseguiron a súa mellor anotación por cuarto do encontro con 14 puntos. O encontro parecia aberto e disputado xa que se chegou o final do cuarto 22-14, deixando todo aberto.
No segundo cuarto, as visitantes no aguantaron o ritmo imposto por o equipo locatario e o encontro rompeuse a favor das locais, no que non baixaron o ritmo e mantiveron o seu ritmo de anotación chegando a 20 puntos e deixando as visitantes so a 4 puntos, no que os erros visitantes e a incómoda defensa pantexada por o conxunto local, deu os seus froitos, para alonxarnos no electrónico.
A saida do descanso a tónica foi a mesma, ca no 2ª cuarto, onde as locais non baixaron o ritmo, e as visitanes xa moi mermadas fisicamente aguantaron o que puideron para non levar un marcador mais amplo do que xa levaban.

Calasancias 79: Sofia, Sara(8), Sandra(4), Cris(2), Maria(16), Lucia(10), Berta(7), Paula(22), Noelia, Vicky Carreira(10)
Santa Maria del Mar 30: Martinez(4), Santiago(6), Benito(2),Aguirrezabalaga(16), De la Colina(2), Araujo.


O PRIMER EQUIPO CONSEGUE A SÚA SEGUNDA VICTORIA ANTE UNHA GRAN EXPECTACIÓN NO GRAN DÍA DO CLUBE

Calasancias – Neumáticos Sarria (54-46)

1ª Autonómica Femenina (8 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e Neumáticos Sarria. Un encontro que significou unha gran festa no día de celebración do clube, onde todas as categorías presenciaron a gran victoria do noso primeiro equipo, que dominou todo o tempo ao equipo visitante no marcador, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguirá a súa segunda victoria nesta fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 11-10. No segundo cuarto, o equipo local deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 17-7, chegándose ao descanso cun 28-17.
Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, pero o equipo local mantívose centrado e acertado ofensivamente, polo que neste cuarto a diferenza entre ambos equipos non variou, tal e cómo reflicte o parcial deste cuarto cun 14-14, deixando un resultado de 42-31. No derradeiro cuarto, a vantaxe obtida polo noso primeiro equipo no segundo cuarto, foi suficiente para non pasar moitos apuros nos minutos finais do encontro. Así, o noso primeiro equipo lograría a súa segunda victoria na fase regular, cun marcador final de 54-46 no remate do encontro ante unha gran expectación e animación por parte da afección.


Calasancias (54): Mónica (12), Malpica (-), Helena (-), Fandi (-), Montse (-), Marta (11), Cris (12), Barri (4), Mar (-), María (2), Mery (13), Johana (-).
Neumáticos Sarria (46): López, L (6), Naranjo (-), Nuñez (-), Mariño (8), Puente (5), Somoza (8), Gallego (2), López, C (-), Rey (-), Souto (6), Fernández (11), Lombardía (-).

Parciales: 11-10/17-7/14-14/12-15
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 20 de Diciembre.

O EQUIPO XUVENIL FINALIZA A FASE REGULAR CUNHA GRAN VICTORIA SOBRE BETANZOS

Calasancias – Santo Domingo Betanzos (63 – 30)

2ª Junior Femenina (9 Jornada)

Na mañá  do sábado 19 de diciembre ás 12 horas, disputóuse a novena xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra Santo Domingo Betanzos. Este encontro significou o derradeiro da fase regular para o equipo xuvenil, que comezou cun primeiro cuarto igualado entre os dous equipos, onde o equipo visitante poido aguantar o ritmo que impoñía o noso equipo local, finalizando o cuarto 15-10 de parcial para as locais. No segundo cuarto da primeira metade, as locais mantiveron o seu ritmo de xogo ofensivamente e defensivamente, pola súa banda as visitantes desapareceron en este cuarto, tal e como reflexa o parcial de 16-2, provocando que as nosas chicas escapáronse no marcador cun resultado ao descanso 31-12.

Tras o paso polos vestiarios, o encontro seguiu pola misma tónica, cunhas locais centradas que aínda incrementarían máis a vantaxe no marcador, cun parcial de 18-8 situándose ó marcador nun desequilibrado 49-20. Finalmente, no derradeiro cuarto ó equipo local conseguiu manter esta gran vantaxe no marcador, conseguindo a victoria, despedídonse cun bó sabor de boca da fase regular e un gran traballo colectivo para finalizar o ano. O resultado final do encontró foi 63-30 para ás locais, certificándose así a victoria das nosas xuvenís de Calasancias no seu último partido desta fase regular.

Calasancias (63): Bea (-), Dayana (6),  Fandi (16), María (7), Paula (5), Isa (-), Sofia (5), Vicky (-), Helena (12), Clara (12).

Santo Domingo Betanzos (30): García (-), Otero (6), Nogueira (4), Feijo (-), López, I (-), López, I (4), Vázquez, C (2), Bosch (8), Cabiao (-), Vázquez, R (2), Santalla (4).

Parciales: 15-10/16-2/18-8/14-10
Pol. Riazor (Coruña) 12:00

Sábado 19 Diciembre. 

sábado, 19 de decembro de 2015

mércores, 16 de decembro de 2015

Fin de Semana cheo de partidos e DIA DO CLUBE!!!

Esta fin de semana, xogarase as ultimas xornadas do ano, e para celebralo, o Domingo convidase a toda a familia do basquet de Calasancias, ao xa tradicional  DIA DO CLUB, que coincidirá co partido do 1ª Autonómica. Estará cheo de sorpresas, concursos, regalos, sorteos, e faremos a foto de todas as categorias do Clube, ademais de que durante o partido, os mais pequenos amenizarán os tempos mortos e os descanso, xogando na pista histórica de Riazor. A partir das 18:00 

Estades todos convidados!!!
Calendario de partidos de esta fin de semana, xogamos todos!!!

Victoria das cadetes no derby dos Rosales

Despois do ano pasado, coas infantiles, non se deu un derby postal nunca na categoria de Cadete feminino, e este sábado foi o día, que tivo lugar no pavillón dos Rosales as 12:00 da maña. 
O equipo presentabase coas baixas das anotadoras do equipo, pero ainda que non xogaron estiveron animando na grada, como se fose una mais.
O encontro comezou, de contado ao noso favor, cun parcial rápido de 2-17 para nós, e a partir de ahí, cambiou o conto, a defensa deixou de ser intensa, e o ataque sin movilidade, cun xogo apático e desordeado que deu folgos o equipo locatario, para achegarse a poucos puntos no marcador no segundo cuarto, e ver que ainda habia partido e que tiñan moito que decir, chegando o descanso (16-29).
A volta dos vestiarios, volvemos a coller o caracter que perdimos no último cuarto e parte do primeiro, volvendo a poñer terra de por medio, pero o remate do cuarto volvemos a as andadas e vivindo do feito anterior, puidendo facer un parcial mais amplo, chegou o outro conxunto a anotar 7 canastas, no final do cuarto deixando o parcial nun 7-19.
Co encontro asi, as xogadoras baixaron a intensidade, e o cansancio comezou a xurdir nas xogadoras, que acusaron os picos de intensidade que fixeron en vez de continuidade, e este cuarto foi o cuarto das locais onde chegaron a gañalo cun parcial de 16-10.

C.D. Los Rosales 39 Calasancias 58
parciales; (7-19/9-10/7-19/16-10)

En breve os highlighs

luns, 14 de decembro de 2015

O PRIMEIRO EQUIPO ESTREA O SEU CASILLEIRO DE VICTORIAS


Calasancias – La Salle (54-47)

1ª Autonómica Femenina (7 Jornada)

Encontro disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e La Salle. Un encontro que dominou case todo o tempo o equipo local no marcador agás no terceiro cuarto, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguiu a súa primeira victoria nesta fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 13-10. No segundo cuarto, o equipo local deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 12-5, ao descanso se chegaba cun 25-15.
Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, lográndoo no terceiro cuarto, incluso poñéndose por diante, aínda que lles durou pouco a alegría, xa que o equipo local logrou sobrepoñerse e volver a adiantarse ao remate do cuarto cun 35-29. No derradeiro cuarto, o acerto nos tiros libres do equipo local, fixo que esta distancia no marcador non se reducira. Así, o noso primeiro equipo lograría a tan ansiada primeira victoria na fase regular, cun marcador final de 54-47 no remate do encontro.

Calasancias (54): Mónica (12), Malpica (-), Montse (6), Marta (8), Cris (8), Barri (10), Mar (3), Mery (7), Caterina (-).
La Salle (47): Seguín (-), Posse (2), González (12), Devesa (6), Ferrerás (11), Popana (1), Fernández (-), Fernández (9), Tona (-), Pena (4), Amado (2).

Parciales: 13-10/12-5/10-14/19-18
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 13 de Diciembre.

Victoria do Junior

Vou vos contar o que fai a vida, o baloncesto e o deporte tan interesante,( que non estresante, como decía Manquiña en Airbag). A teoría da evolución afirma que: “ os mais fortes sobreviven”. Pode ser, quizáis…pero a teoría da competición di: “ que por ser mais fortes, non significa que non se lles poda derrotar. Eu digo: “O outro equipo pode ser favorito, ter as probabilidades na nosa contra, e asi é. Pero o que as probabilidades non saben, e que esto, non é un exame de matemáticas. Esto é unha proba completamente diferente, onde a paixón ten unha forma curiosa de superar a lóxica, asi que , antes de darmos o paso de entrar na pista, de facer o quencemento, de que soe a bocina e o reloxo comezase a correr, recordamos que os resultados anteriores non sempre contan, non importa o que a estadística diga, o que os afeccionados pensen, os expertos falen, o que se pronostique antes do encontro, por que unha vez que comece a andar o reloxo, as apostas non contan. Non debemos de sorprendernos por darlle a volta a estadística, de rachar a imbatibilidade das contrarias, de non rendirse, por que como di o refrán, Todos temos a nosa oportunidade.
Viaxe longo e tardío, nunha tarde desapacible no camino a Cee, chegando ao pavillón da Escola de Cee coa noite caendo, coma os partidos da xornada das grandes citas deportivas, que podemos ver nas canles televisivas, pero sen os siareiros esperando na porta do pavillón ou estadio dando os últimos folgos para o encontro. Esos folgos veñen dos que nos acompañan a tantos viaxes pola xeografía galega, especialmente a norte. Chegamos coa baixa de ultima hora de Dayana, e coa axuda de duas Cadetes debutantes na categoría, como Maria Veiga e Lucía Rodriguez, e a cadete habitual como é Vicky Gonzalez.
En canto o encontro, despois de tanta poesía, decir que foi competido ate o final, e cun final de infarto como ocorreu no encontro da ida, onde o equipo local tivo na súa man, poder empatar ou incluso gañar o encontro.
As rapazas sairon no primeiro cuarto, un poco despistadas e frouxas defensivamente, onde os axustes defensivos, e a calidade individual de certas xogadoras locais, conseguían responder as nosas canstras. O cambio de actitude e da defensa propiciou que as locais non tiraran cómodas en ningún intre do encontro e que mentivesemos e ampliásemos a ventaxa no segundo cuarto, pero sen lograr, marchares no marcador con diferencia suficiente coma para estar tranquilas.(18-26)
A volta dos vestiarios, as locais sairon coa intención de recuperar rápido o encontro e poñerse diante, todo eso gracias a unha boa defensa que nos dificultou poder anotar, de feito, so anotamos 4 puntos, e para iso, foi nos últimos 2 minutos. No derradeiro cuarto, as defensas predominaron nos dous conxuntos, onde os fallos nos pases, e o pouco acerto fixo, que o encontro non se decidira ate os últimos 56seg onde fomos por detrás do marcador e logramos poñernos por diante por un punto(39-40), e volvendo a recuperar o balón para ir os tiros libres a falta de 8 seg. Nesos tiros libres, Maria Fraga anotou o primeiro, e errou o segundo. Loitouse polo rebote, pero quedou nas mans das locais, que o final non conseguiron anotar.
Victoria das Rapazas, que seguen con aspiración no grupo ainda que xa non dependendo só de nos, senón do que fagan os demáis conxuntos que están na poxa polos postos de arriba.
ACB Costa da Morte 39: Casais(7), Pazos(8), Castro(5), Lucía(9), Agulleiro(-), Lorena(10), Atan, Súarez ,Romero, Oca.

Calasancias 41: Bea(-), María Veiga(11), Fandi(13), María Fraga(7), Isa, Lucía Rodriguez, Vicky González , Sofía(6), Helena(2), Clara(2).

Resultados da Fin de Semana


mércores, 9 de decembro de 2015

Encontros para esta fin de Semana 12-13/12/2015


DERROTA DO PRIMER O EQUIPO EN FERROL NUN ENCONTRO APAIXOANTE

Star Center Ferrol - Calasancias (53 - 49)

1ª Autonómica Femenina (6 Jornada)

Partido disputado no día festivo de onte ás 20 horas na localidade de Ferrol entre Star Center Ferrol e Calasancias. Un encontro vibrante e longo que non se soupo ó gañador ata o final despois de dous prórrogas, onde o noso primeiro equipo intentou acadar a primeira victoria da tempada que aínda se resiste, xa que finalmente o equipo visitante logrou alzarse coa mesma.
O partido comezaría con pouco acerto de cara o aro por ambos equipos, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun escaso 9-2. No segundo cuarto, máis o menos resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, aínda que o equipo visitante acadaría tres puntos máis, reflexado no parcial do cuarto dun 9-5, chegando ao descanso cun marcador de 18-7.
Na segunda metade, o encontro comezou con máis puntos que na primeira metade, onde o equipo visitante intentou achegarse no marcador, conseguindoo no último cuarto de partido, cando comezaron a facer os seus mellores minutos do partido, gracias a unha gran defensa que fixo unha e outra vez que o equipo local non anotase case puntos, chegando ao final cun igualado 40-40, polo tanto íbamos á prórroga. Na primeira prórroga, as defensas de ambos equipos se impuxeron os ataques, debido a que só se anotaron 3 puntos por cada equipo, o que ocasionaba outra segunda prórroga. Na derradeira prórroga, o equipo local tivo algo máis de acerto de cara ao aro, o que supuxo que acadasen finalmente coa victoria. O resultado final do encotro foi dun 53-49 para Star Center Ferrol, que deixa o equipo de Calansacias sen poder saborear a súa primeira victoria na fase regular.

Star Center Ferrol (53): Yáñez (2), Domínguez (10), Manivesa (10), Varela (3), García (-), Cerrato (3), Cuiña (8), Tenreiro (3), Pérez (-), Vázquez (8), Tatuelo (6).
Calasancias (49): Mónica (9), Malpica (-), Montse (12), María (2), Cris (6), Barri (5), Mar (-), Mery (14), Fandi (1).

Parciales: 9-2/9-5/17-18/5-15/3-3/10-6

Pol. Esteiro (Ferrol) 20:00 Martes 8 de Diciembre.

mércores, 2 de decembro de 2015

Convocatoria Selección Coruñesa Alevín Femenino

Convocadas para a Seleccíon Coruñesa a 2 xogadoras do Alevín Feminio Calasancias:
Marta Andrade Vaquero
Noa Vázquez Recouso
Noraboa!


martes, 1 de decembro de 2015

luns, 30 de novembro de 2015

Derrota do Primeiro Equipo ante o Lider.


Calasancias – Peleteiro (40-51)

1ª Autonómica Femenina (5 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e Peleteiro ante unas cen persoas. Un encontró que enfrenteba a dos equipos con caminos y resultados opuestos en lo que va de fase regular, onde o noso primeiro equipo intentou dar a sorpresa ante o líder da categoría, aínda que finalmente o equipo visitante logrou alzarse coa victoria neste encontro.
O partido comezaría desigualado no primeiro cuarto, onde o equipo visitante impoñia o seu ritmo de xogo e unha fráxil defensa local, chegando ao remate do mesmo cun 9-20, ventaxe que se mantuvo durante case todo o encontro e que souperon controlar ás xogdoras visitantes, ao descanso se chegaba cun 18-31.
Na segunda metade, o equipo local intentou acercarse no marcador mediante unha presión en toda a pista ao equipo visitante, que fixo que se lograrán acercar no marcador ata 6 puntos, pero non foi suficiente debido ao acerto no tiro posteriormente do equipo visitante. Ó equipo visitante soupo aproveitarse da distancia conseguida no primeiro cuarto para rematar conseguindo a victoria 40-51 no remate do encontro, manténdose desta maneira líder da liga unha xornada máis.

Calasancias (40): Mónica (6), Malpica (3), Montse (8), Cris (4), Barri (9), Mar (3), Ester (-), María (1), Mery (6), Fandi (-).
Peleteiro (51): De Jalenzucía (-), Gónzalez (3), Millán, B (21), Millán, S (6), Carreira (6), Alonso (-), Pena (2), Sierra (-), Muñoz (4), Pérez (6), García (-), Carabán (3).

Parciales: 9-20/9-11/11-10/11-10
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 29 de Noviembre.

O equipo Junior loita ata o Final, pero non consegue a Victoria


Calasancias – Basquet Coruña Leyma 98  (41-44)

2ª Junior Femenina (7 Jornada)

Na mañá  do domingo 29 de novembro ás 10 horas, disputóuse a séptima xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra Basquet Coruña, nesta vez tivemos que actuar como locais no Colexio Calasancias en vez de a nosa pista habitual de Riazor. O encontro tardou en coller ritmo de xogo debido a temprana hora que se fixou, onde as xogadoras notaron certo cansancio ata que comezaron a soltarse na pista. O encontro estivo igualado todo o tempo por dous equipos que o deron todo e loitaron pola victoria, que finalmente caeu do lado das visitantes. O primeiro cuarto estivo marcado polas numerosas perdas de balón por ambos equipos., onde as locais anotaban a partir dun gran xogo interior e as visitantes mediante fallos ou rebotes que lle concedía o equipo local, chegando ao final do memo cun 8-6 no marcador. No segundo cuarto estas pérdidas de balón foron menores, pero o equipo visitante soupo aproveitar mellor as ventaxes en ataque para chegar ao descanso por delante no marcador cun axustado 17-19.

Tras o paso polos vestiarios, a tónica do partido non variou moito, xa que no terceiro cuarto viuse dous equipos moi igualdos, isto viuse reflejado no marcador cun 29-30. Finalmente, no derradeiro cuarto ambos equipos loitaron ata o final, para conseguir a victoria, pero ó final o partido caeu do lado das visitantes. O resultado final do encontró foi un axustado 41-44 para ás visitantes, certificándose así a victoria de Basquet Coruña.

Calasancias (41): Bea (-), Dayana (4),  Fandi (12), María (3), Paula (8), Isa (-), Sofia (7),  Helena (7).

Basquet Coruña (44): Moncada (-), Linares (2), García (4), Feija (6), Rocha (10), Boedo (-), Criado (-), Varela (2), Carro (14), Díaz (6).

Parciales: 8-6/9-13/12-11/12-14.
Col. Calasancias (Coruña) 10:00

Domingo 29 Noviembre. 

Victoria contundente das Cadetes ante Arteixo

Partido xogado o Sábado as 12:00 no Colexio Calasancias.
Boa entrada para ver o encontro, xa que, fixo unha boa mañá, e tanto por parte do equipo visitante, como do equipo locatario, desprazaronse varios familiares e amigos para disfrutar de este encontro, no que nunca deixaron de animar, tanto polo equipo visitante, como polo colexial.

O encontro tivo un claro dominador dende o comezo do xogo, que foi o conxunto local, donde foi claramente superior. Isto fixo que, como pasou no anterior encontro disputado contra Maristas, as xogadoras que menos minutos xogaron, tivesen a oportunidade para reivindicarse.

Tal como indica o marcador 84-22, o equipo local foi superior o visitante, pero salientar, que a primeira metade, e en especial o 2º Cuarto( parcial 12-8), o equipo visitante plantou cara o xogo do equipo local, onde chegaríamos o descanso co resultado de 33-13. Na 2ª Metade, foi un monólogo do equipo Local, onde as rotación das xogadoras, facian non baixar o ritmo de xogo, e todas as xogadoras puideron ter os seus minutos de xogo. Destacar que todas xogadoras disfrutaron mais de 15 min na pista.

Calasancias 84: Sofia(-), Sara (5), Sandra(-), Cristina(6), Maria(20), Lucía(6), Ucelay(6), Berta(10), Paula(21), Noelia(-), Vicky(10).

Arteixo 22: Seoane(-), Rey(-), Botana(3), Quintans(-), Castro(-), Carracedo(10), Naveira(2), Toja(-), Sanchez(5), Senra(-), Fernandez(2).

Parciales: 21-5/ 12-8/28-1/23-8





domingo, 29 de novembro de 2015

martes, 24 de novembro de 2015

Horarios de Fin de Semana 28-29/11/2015

 Estes son os horarios provisionais para esta fin de semana.

Victoria das Cadetes na Casa. 72-29

Despois da derrota contra Artai, na casa, voltabamos a xogar na nosa pista, o partido adiantado de volta a petición de Maristas Cristo Rey, ao cal accedimos.

O encontro destacou, pola presenza no equipo visitante de duas ex xogadoras de Calasancias, como son Ana Martínez e María Couto, que disputaron o encontro na que foi a súa casa dende que comenzaron neste deporte, e que dende aqui para nos sempre será a súa casa.

O encontro comezou decantandose dende un comenzo, para as locais, que fixo valer a súa superioridade técnica como física na cancha. Destacar que no encontro disputaron minutos todalas xogadoras, sobre todo as menos habituais noutros encontros.

Pouco que decir deste partido, en canto o xogo dos equipos, nos que existiu un claro dominador no encontro que foi Calasancias, e un Maristas que foi de menos a mais chegando a anotar 15 puntos no ultimo cuarto, tendo en conta que na primeira metade só anotaron 6.

Calasancias 72: Sofía (4), Sara (7), Sandra (4), Patricia (-), Cristina (4), María (10), Lucía (10), Ucelay(4), Berta(4), Paula (21), Noelia(4), Vicky (-).

Maristas Cristo Rey 29: Moscoso (-), Campo(-), Pose(10), Fernández ( -), Ana Martínez (2), Maldonado (-), Mingote (5), Couceiro(-), Patiño (1), María Couto (5), García (6).

Parciales: 20-4/12-2/14-8/24-15      72-29



luns, 23 de novembro de 2015

SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA DUN GRAN EQUIPO JUNIOR EN CARBALLO

EB Xiria-Laracha – Calasancias (55 – 59)

2ª Junior Femenina (6 Jornada)

O madrugón que tivemos que soportar, para poder presenciar a sexta jornada da segunda división juvenil femenina disputado na mañá do sábado ás 10 horas na localidade coruñesa de Carballo entre o equipo local EB Xiria-Laracha fronte o noso juvenil de Calasancias, non ó notamos case nada debido ao gran espectáculo que ofreceron na pista ambos equipos, sobre todo ó noso juvenil. Un encontró que a priori o equipo local era o favorito, pero que nós tiñamos esperanza e a certeza en poderlles dar guerra, con á idea de mellorar e intentar plantarlles cara para finalmente creernos que podíamos ganar o encontro, como finalmente así sucedeu.

O encontro comezaría cun gran primer cuarto do equipo visitante, que mediante unha gran e intensa línea defensiva unido a un gran xogo interior en ataque, fixo que o marcador reflexará un 7-16  para Calasancias. O segundo cuarto foi más igualado entre ambos equipos, onde o equipo visitante conseguiu de todas maneiras aumentar un pouco a súa vantaxe atá chegar ao descanso cun gran 20-31 no marcador.


Na segunda metade, o equipo visitante deu un paso hacía diante sobre a pista, parando o ataque das visitantes e aumentado a defensa e o ritmo do encontro, chegando a situarse por diante ao final do mesmo cuarto cun resultado de 41-37. Sin embargo, no derradeiro cuarto, ás nosas chicas non se vinieron abaixo nin anímicamente e nin psicolóxicamente, ó que propiciou de novo esa intensa e afixiante defensa e esas ganas de gañar e mellorar como equipo, concentradas e unidas nun mesmo obxectivo, en consecuencia conseguiron un gran parcial de 14-22 para gañar finalmente este encontro por 55-59. Gran partido de Calasancias, neste complicado partido ante un gran equipo local, que nos permite mellorar e coller moita moral para a fase regular, destacando o gran partido de todas ás xogadoras do equipo xuvenil. 

O PRIMER EQUIPO SEGUE SIN PODER GAÑAR NA FASE REGULAR

CB Burela – Calasancias (61 – 55)

1ª Autonómica Femenina (4 Jornada)

Encontro correspondente a cuarta xornada da primeira autonómica femenina disputado o domingo na localidade lucense de Burela ás 17 horas entre o equipo local CB Burela fronte ao Calasancias. O encontro foi dominado de principio a fin polo equipo local, aínda que pasaron algúns apuros ao final do encontro, que a pesar dos esforzos no último cuarto, o equipo visitante segue sin encontrar coa tecla gañadora e sen poder conseguir a primeira victoria nesta fase regular.

Na primeira metade xa se viu reflexado que o equipo local tiña maior ritmo e ás ideas más claras para este encontro, cun gran ataque e xogo tanto exterior como interior e unha defensa que puxo en dificultades ao equipo visitante, chegando ao descanso cunha gran ventaxe de 29-16. Tras o paso polos vestiarios, o tercer cuarto nos mostraba que o partido seguía na mesma tónica, cun equipo visitante incapaz de merterse no partido aínda que o intentaba cun cambio táctico defensivo, isto viúse reflexado no marcador cun 45-30. Polo contrario, no derradeiro cuarto, o equipo visitante soupo conseguir ese ritmo de xogo que necesitaba para poder meterse no partido, aínda que o lastre levado desde o principio do encontro, supuxo unha losa grande de recuperar e o final se quedaron sen tempo para poder darlle a volta ao partido.

Finalmente o equipo local soupo aguantar o arreón final de Calasancias, chegando ao final cun 61-55 no marcador, certificando a terceira derrota seguida da temporada para o noso primeiro equipo autonómico.
CB Burela (61): Cardoso (2), Alonso (9), Fernández (10), Paz (-), Cifuentes (12), Vázquez (10), Moreira (14), Díaz (1), García (4).
Calasancias (55): Mónica (9), Malpica (2), Sheila (-), Montse (15), Ali (7), Cris (7), Barri (15), Mar (-), Ester (-).

Parciales: 17-11/12-5/16-14/16-25
Pav. Vista Alegre (Burela) 17:00

domingo, 22 de novembro de 2015

Resultados do Fin de Semana para as nosas categorias do Clube

Fin de Semana con diferentes sensacións nas categorias do Clube. Ao peche desta edición faltanos saber o resultado do Calasanz benxamin masculino contra o Jesuitinas B que se disputaba hoxe as 16:00, e do cal non nos chegou a comunicación do resultado, podedes estar atentos ao noso Twitter coma na paxina da Federación.


sábado, 21 de novembro de 2015

Resultados do Sábado 21 de Novembro

Sorte dispar para as diferentes categorias do Clube, o Alevín Femenino foi aprazado de última hora polo que non xogaron as rapazas de Sheyla.
Debut dos equipos Pre-mini do Clube tanto masculinos como os fememinos.

21/11/2015

xoves, 19 de novembro de 2015

Derrota do Primeiro Equipo no primeior partido disputado na Casa

Calasancias – C. Pio XII Rosalía (47-55)

1ª Autonómica Femenina (3 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e C. Pio XII Rosalía ante unas cen persoas.
Un encontro igualado onde a máxima foi de 11 puntos para o equipo visitante, onde o equipo de Calasancias demostrou unha mellor actitude e imaxen comparado co encontró anterior en Sarria, aínda que este impitu e as ganas de gañar non foron suficientes para lograr a victoria.
O encontró comezaría cun igualado primer cuarto, onde ó equipo local tiña un gran ritmo de ataque con poucas pérdidas de balón e o equipo visitante grazas a cortes interiores conseguían moitos puntos chegando ao final do cuarto con 14-15 no marcador. No segundo cuarto, a falta de xogo interior unido a unha mala porcentaxe de tiro exterior, fixo que ó equipo visitante se escapará un pouco no marcador, chegando ao descanso con 24-34.
Na segunda metade, o equipo local intentou acercarse no marcador mediante un cambio táctico defensivo, pero non foi suficiente debido ao pouco acerto no tiro. Ó equipo visitante soupo aproveitarse da distancia conseguida no segundo cuarto para rematar conseguindo a victoria 47-55 no remate do encontro.

Calasancias (47): Mónica (9), Malpica (3), Sheila (-), Montse (7), Ali (1), Cris (3), Barri (4), Mar (3), Ester (6), Mery (11).
C. Pio XII Rosalía (55): Viaño (5), Badia (3), Fernández (14), Peleteiro (-), López (6), Fubelos (-), Bico (3), Seoane (7), Raposo (-), Utilaverde (7), García (10).

Parciales: 14-15/10-19/12-15/11-6

Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

mércores, 18 de novembro de 2015

Xornada fin de Semana 21-22/11/2015

Partidos do diferentes equipos do Clube este fin de semana. Saltan a Pista os equipos de Pre-mini.
Sorte a todos os equipos.


martes, 17 de novembro de 2015

Victoria sinxela para coller forzas para o que ven.

Victoria do equipo de 2ª Autonómica Femenino,64-35 ante as venciñas de ADFRO. Suma a súa terceira victoria consecutiva.

As xogadoras de Pablo comezaron atacanto as visitantes con rapidez, pero as malas decisión e os lixeiros problemas para atacar a defensa individual imposta polo ADFRO, fixo que o primero cuarto rematase no electrónico de Riazor, 13-4. Xa coa entrada en pista de xogadoras de banquillo, a tónica do encontro non variou moito chegando o descanso co resultado de 28-15.
Pola volta de vestiarios, o equipo mantivo o dominio e control do encontro,mantendo os mesmos parciales en cada cuarto , chegando ao resultado reflectido de 64-35.


Calasancias: Ramis(9), Druki(6), Marta(12), Lucía (2), Maca (8)- quinteto inicial- Antia (2), Joana(4), Carlota(6), Laura (10), Naveira (5)

Adfro: Rodriguez(5), Luaces(1), Echevarría(1), Caso(7), Alonso(4), Yáñez, Insua, Piñeiro (9), Meixoeiro(8), Iglesias, Perez.

luns, 16 de novembro de 2015

Resultado de partidos desta fin de semana no Clube

4 derrotas  ( 1ª Autonómica Feminina, 3ª Autonómica Masculina Cadete Feminino, e o Alevin Masculino de Calasanz) e 3 victorias, o balance desta Fin de Semana no Clube.

domingo, 15 de novembro de 2015

Derrota do Cadete ante un dos Favoritos

Derrota contundente ante un dos favoritos deste grupo na liga regular de 2ª División Femenina grupo A.

Partido disputado no Colexio Calasancias ás 12:00 ante un cento de persoas, maioritariamente familiares e compañeiros/amigos de ámbolos conxuntos.

O partido tivo dúas partes, onde o equipo colexial, competiu ben na primeira metade, facendo un bo traballo tanto defensivo como no ataque, onde houbo orde dentro do caos. As rapazas traballaban ben para parar os continuos contraataques das de Carballo, que correron todo o encontro, e sacaron boa conta dos erros que cometiamos e sempre anotando. Chegando ao descanso cun apertado marcador de 25-28, só tres puntos por enriba para as visitantes, polo que se esperaba un partido rifado.
Na segunda metade so exisitiu un equipo, ese equipo foi  o das pupilas de Joaquin Moreira, Artai. Melloraron o ataque, onde case non tiveron erros a canastra, mentres nós fallabamos moitos pases polo que lle dabamos moitas oportunidades de contraataque ás visitantes que aproveitaron as ocasións para abrir distancia, Unido a súa boa defensa de liña de pase, e que cando nós atacabamos non anotabamos, supuxo un duro golpe que desanimou ás xogadoras do Calasancias, xerando xogo apático e desordeado. Resultado final 39-59.

Calasancias: Sofía(-), Sara (3), Sandra(2), Patricia(-), Cris(-), Maria (12), Lucía( 6), Ucelay(4), Berta(-), Paula(7), Noelia(-), Vicky(5).
CB ARTAI : Nuria (4), Paula (14), Emma (12), Sabela (4), Iria, Emilia, Lola (20), Carla (2), Celia, y Sara Nión (3).


sábado, 14 de novembro de 2015

mércores, 11 de novembro de 2015

Xa temos a Loteria de Nadal, a ver se temos sorte!!

Xa temos as nosas participación de Loteria de Nadal, xa sabedes se queredes unha participación ou varias, contactade con nós,e tamén a calquer membro do clube
.

domingo, 8 de novembro de 2015

Triplete de victorias das féminas, e derrota dos masculinos

Resultados do clube nesta fin de semana

Victoria das cadetes en Carballo

Partido disputado o Sábado as 16:00 no Zona Escolar de Carballo, correspondente a 2ª Xornada Grupo A (Coruña).
EB Xiria Laracha 27- Calasancias 53

A pesares da victoria en terras de Bergantiños, non puidemos ver un bó xogo por parte das nosas xogadoras. Faltas de concentración e de intensidade.
 A ponte de Todos os Santos non nos fixo ben, e a pouca continuidade nos adestramentos, ben por lesións, enfermidades, ou causas externas, non logramos facer uns bós adestramentos, e se veu reflexado no partido.

A pesares da superioridade do equipo repecto as locais, non fixemos o partido que debíamos de facer, non estivemos serias na pista, con falta de intensidade tanto no ataque, moi pasivas, como no apartado defensivo, faltas de intensidade. O xogo cheo de erros, que as locais aproveitaron en moitas ocasións,  e a nosa pasividade en ataque, facíanos apáticas. Salientar que en certos momentos, puidemos ver a luz no túnel e vimos certos refachos de bó xogo, que foi o que nos fixo ter o marcador a o noso favor. Deste partido, salientar o debut no baloncesto de Sofía Martinez que disputou os seus primeiros minutos como xogadora de Baloncesto e coas cores do Calasancias.

Felicitar dende aquí, as pupilas de Hector Añon, ( adestrador de Xiria), polo partido feito, e polo coraxe realizado durante todo o partido, no que en ningún momento deron o partido por perdido, e sorprendéndonos sacando a luz, as nosas carencias, das que sen dúbida aprenderemos.

E.B. Xiria Laracha: Calviño (-), Fraga(-), Castro(-), Varela(11), Casal(-), Aldao(2), Velo(11), Vilariño(-), Viaño(3)
Calasancias: Sofía(-). Sara(2), Sandra(2), Patricia(-), Cris(2), Maria (15), Lucia(6),Ucelay(2), Berta(-), Paula(12), Noelia(2), Vicky( 10)

GRANDE VICTORIA DAS JUNIORS EN BETANZOS

Santo Domingo Betanzos – Calasancias (28 – 58)

2ª Junior Femenina (4 Jornada)

Tocou madrugar na mañá do sábado para presenciar a gran victoria das juniors de Calasancias fronte Santo Domingo Betanzos na localidade de Betanzos ás 10 horas. O encontró foi dominado todo o tempo polo equipo visitante no marcador. O encontro comezaría cun equipo visitante moi concentrado, intenso e metido baixo unha gran defensa afisiante para o equipo local, chegando ao final do mesmo cun 2-19 no marcador. No segundo cuarto, esta ventaxa amplíouse aínda máis cun 6-13 de parcial, chegando cun resultado de 8-32 ao descanso.
Na segunda metade, o equipo local intentou meterse no encontró cun alto ritmo de xogo, unido a baixada de intensidade defensiva das visitantes e un ataque lento e parado contra a defensa local. Finalmente, as visitantes manteron a vantaxe no marcador no derradeiro cuarto. O resultado final foi 28-58, para Calasancias, certificando unha gran e importante victoria para dar moral o equipo na fase regular.

Santo Domingo Betanzos (28): García (-), Otero (2), Vogueira (4), Sas (2), López I (2), López I (2), Vázquez (-), Bosch (4), Santalla (10), Gónzalez (2), Feijao (-).

Calasancias (58): Bea (-), Dayana (2), Fandi (13), María (16), Paula (7), Isa (-), Sofía (-), Helena (8), Clara (12).

Parciales: 2-19/6-13/16-16/4-10

Pav. Municipal de Betanzos (Betanzos) 10:00

venres, 6 de novembro de 2015

Un Poco de Historia de nuestro Deporte.

Tal dia como hoy hace 154 años nació el inventor del Baloncesto. JAMES NAISMITH

James Naismith1 (Almonte, Canadá, 6 de noviembre de 1861 – Lawrence, EE.UU., 28 de noviembre de 1938), fue profesor de educación física, entrenador y capellán castrense. Inventó el deporte del baloncesto en 1891 y también se le atribuye el uso del primer casco de fútbol americano. Escribió las reglas originales del baloncesto, fundó el programa de baloncesto de la Universidad de Kansas y, durante su vida, pudo ver el baloncesto adoptado como un deporte de demostración en los juegos olímpicos de San Luis en 1904, y como deporte oficial en los de Berlín en 1936.

Nacido en Canadá, estudió educación física en Montreal antes de mudarse a los Estados Unidos. Allí, mientras trabajaba en la International YMCA Training School de Springfield (Massachusetts), desarrolló el baloncesto a finales de 1891.2 También estudió Medicina en Denver, obteniendo su título en 1898. Ese mismo año empezó a trabajar en la Universidad de Kansas. Tras casi veinte años como profesor y entrenador de baloncesto a tiempo parcial durante los años iniciales de este deporte, fue nombrado director de los Kansas Jayhawks en 1919. Se nacionalizó estadounidense en 1925.3 2

Las contribuciones de Naismith al baloncesto le valieron numerosos homenajes póstumos, tales como pertenecer al Salón de la Fama del baloncesto canadiense, al Salón de la Fama olímpico canadiense, al de deportes canadiense, al de leyendas del deporte de Ontario, al de deportes de Ottawa, al de deporte de la Universidad McGill, al de deportes del Estado de Kansas y al Salón de la Fama de la FIBA. El Naismith Memorial Basketball Hall of Fame de Springfield se llama así en su honor.2

Naismith también fue capellán militar de la Guardia Nacional en el primer regimiento de infantería de Kansas.2 Enseñaba baloncesto a los soldados como un medio para controlar su exceso de energía. Sus esfuerzos ayudaron a incrementar la moral de la tropa y a disminuir el número de sanciones disciplinarias.

martes, 3 de novembro de 2015

luns, 2 de novembro de 2015

AS DE 1ª AUTONÓMICA FEMENINO COMENZA A FASE REGULAR CON DERROTA

Neumáticos Sarria – Calasancias (61-40)

1ª Autonómica Femenina (1 Jornada) 

Neste domingo pola tarde na localidade lucense de Sarria, ás 17 horas dispotóuse a primeira xornada da 1ª Autonómica Femenina entre Neumáticos Sarria contra Calasancias. O encontró foi dominado de principio a fin por un equipo local luchador e intenso que non deu ningunha opción ao equipo visitante. O encontró xa comezaría co equipo local impoñendo o seu ritmo e control de partido cun parcial de 16-9. No segundo cuarto, esta ventaxa se ampliou aínda máis se cabe chegando ao descanso cunha diferenza de 37-20  para ó equipo local.

Na segunda metade, o equipo visitante intentou meterse de novo no encontró, pero cun ataque mermado e unha defensa fráxil, isto non sucedeu, nun partido sin máis historia. O resultado final foi un desequilabrado 61-40, para Neumáticos Sarria, que estrea así o seu casilleiro de victorias na liga no primeiro encontró da temporada.

Neumáticos Sarria(61): López, L (1), Naranjo (-), Núñez (2), Mariño (8), Puente (10), Somoza (5), Gallego (8), López, C (1), Rey (2), Souto (2), Fernández (22), Lombardía (-).

Calasancias(40): Mónica (12), Sheila (-), Ali (1), Cris (8), Barri (10), Mar (2), Ester (1), Mery (6), Jess (-).

Parciales: 16-9/21-11/10-10/14-10

Pol. O Chanto (Sarria, Lugo) 17:00

UNHA GRAN REACCIÓN NOS DOUS DERRADEIROS CUARTOS NON É SUFICIENTE

Calasancias – ACB Costa da Morte (41-43)

2ª Junior Femenina (3 Jornada)

Na mañá  do sábado 31 de octubre ás 12 horas, disputóuse a terceira xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra ACB Costa da Morte. O encontró comezou cun primeiro cuarto igualado entre os dous equipos, onde o equipo visitante estivo mellor no acerto de cara o aro, finalizando o cuarto 12-16 de parcial para as visitantes. No segundo cuarto da primeira metade, as locais baixaron de maneira considerable a súa intensidade na defensa, isto foi aproveitado polas visitantes, que con bandexas e correndo pola pista escapáronse no marcador cun resultado ao descanso 22-33.

Tras o paso polos vestiarios, o equipo local mediante unha gran defensa e acerto nos tiros dentro da zona, logrou acercarse ás visitantes cun parcial de 11-3, situándose ó marcador nun axustado 33-36. Finalmente, no derradeiro cuarto ó equipo local intentou conseguir a ansiada remontada do encontró, pero ó final quedáronse coa mel nos labios. O resultado final do encontró foi un axustado 41-43 para ás visitantes, certificándose así a victoria de ACB Costa da Morte.

Calasancias(41): Bea (2), Dayana (5),  Fandi (8), María (13), Isa (-), Sofia (-), Vicky (2), Helena (7), Clara (4).

ACB Costa da Morte(43): Pazos (2), Castro (8), Fernández (22), Agulleiro (-), Atan (-), Ferrol (11), Domero (-).


Parciales: 12-16/22-33/33-36/41-43.

Riazor 2 (Coruña) 12:00 

sábado, 31 de outubro de 2015

Derrota das Junior Contra Costa Da Morte

A espera da Crónica, os deixamos aquí os Highlights do encontro.

Podedes velo tamén na nosa Canle en Youtube. 
Resultado :
Calasancias 41- ACB Costa da Morte 43


mércores, 28 de outubro de 2015

So 2 partidos neste fin de semana de Ponte de todolos Santos.

Este fin de semana, soamente teremos a dous equipos xogando, o resto teñen xornada de descanso.

1ª Autonóminca Feminina





C.B. Sarria






Calasancias




Campo : Sarria, Lugo. Pol. O Chanto. Domingo as 17:00


2ª División Junior Femenina




Calasancias






A.C.B Costa da Morte




Campo: Pol. Riazor 2 A Coruña Sábado as 12:00

martes, 27 de outubro de 2015

A Primeira victoria é a que mais custa.

Despois do primeiro encontro, en Cee, que se saldou cunha derrota, o Senior Zonal feminino, gaña a Cambre cun resultado de 45-38, e estrea o casilleiro de victorias nesta liga 2015/2016.
As nosas, mantivéronse por diante no marcador durante todo o encontro, tendo varias ocasións para ampliar a ventaxa pero non souperon aproveitar esa oportunidade. A gran defensa realizada polas rapazas, supliu por momentos esa carencia en ataque que nos atopámos por momentos. A pesares de estar cargadas de faltas, sobre todo as xogadoras interiores, sacamos adiante un difícil partido, no que as visitantes en aspecto superábanos, pero o noso grupo e traballo de equipo fixo que fosemos polo menos neste partido superiores as de Cambre.



Calasancias: Antía, Marta Ramis(15), Marta Domínguez(4), Druki(10), Karen, Maca (4), Blanca (7), Carlota, Naveira (4), Lucía (1)
Cambre: Aldao (3), Nicolás(2), Regueiro (4), Ares, Tomé (12), Cortés (14), Crespo (3)

luns, 26 de outubro de 2015

Debut con Victoria do Cadete Femenino

Non todolos debuts de liga son fáciles, e mais tan madrugadores( as 10:00 da mañá), es sobre todo se añadimos un conxunto difícil e favorito para estar na parte alta da taboa, como é o conxunto dirixido por Gonzalo Faya, o C.B. Culleredo.
Os primeiros minutos foron para os locais que lograron facer un parcial e inquietar coa defensa ao equipo visitante, pero un tempo morto pedido polos visitantes, e sumado as rotacións locais onde se baixou a intensidade de xogo, fixo que as de Culleredo chegasen incluso a remontar o partido e poñerse un anaco, por diante no marcador. As locais reaccionaron, e conseguiron poñerse diante outra vez no luminoso, para poder chegar o descanso por diante. (30-25).
Na segunda metade, o terceiro cuarto foi o que abriu brecha no marcador, no que as locais moveron ben o balón, e fixeron un parcial amplo, onde se irían a xogar o derradeiro cuarto cunha gran ventaxe.(52-39). Ese derradeiro cuarto foi un suplicio para as locais onde o desacerto defensivo, a pasividade no ataque, sumado ao empuxe das visitantes que souperon aproveitar a relaxación das locais, permitiunas soñar coa remontada. Por sorte para as locais, non chegou a consumarse. 62-58 o Final do encontro.

Calasancias: Sara (6),Sandra (2),Patricia (-),Cristina (4),Maria (16),Lucía (10),Ucelay (-) Berta (2) Paula (10), Noelia (2), Vicky (10), Sofía (-).
C.B. Culleredo: Espiñeira (12, 2t), López (4), Chouciño(-), Garcia( 6), Pardo(9), Mernies(9), Ortega(11), Cabanas( 5), Serradio(2), Arca(-), Pérez(-).


Parciales: 16-14/14-11/22-14/10-19.  Colexio Calasancias 10:00 Sábado (60 personas aprox)









sábado, 24 de outubro de 2015

Resultados do Sábado.

Resultados dos partidos de este Sábado;

2ºDivisión Cadete Femenina


Calasancias 62


C.B. Culleredo 58





2ªDivision Senior Femenina




Calasancias 45 

C.B. Cambre 38




Copa Galicia Semifinal 


Peleteiro 54 

Calasancias 51