luns, 29 de febreiro de 2016

UN MAL COMEZO MARCA A DERROTA DAS JUNIORS ANTE FERROL

Calasancias - Star Center Galicia (34 - 51)

2ª Fase A-1 2ª Junior Femenina (6 Jornada)

Partido disputado o domingo ás 10 horas na polideportiva de Riazor entre Calasancias e Star Center Galicia. Un encontró que mandou dende o comezo ata o final o equipo visitante, debido a mal comezo das nosas xuvenís nos dos primeiros cuartos, no que a ventaxe sacada polas visitantes foi derterminante para que lograrán a victoria fronte as nosas xogadoras.

O partido comezaría coas nosas xuvenís adormecidas e unido a un gran acerto visitante en ataque, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun 6-19. No segundo cuarto, resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, cun parcial similar que deixaba as nosas xogadoras nunha mala situación de cara a segunda metade, reflexado no parcial do cuarto dun 6-18, chegando ao descanso cun marcador de 12-37.

Na segunda metade, as nosas xuvenís cambiaron radicalmente e intentaron meterse no encontro e acercarse pouco a pouco as visitantes, isto víuse reflexado no parcial deste tercer cuarto 16-6, cun marcador de 28-43. No derradeiro cuarto, as nosas xuvenís o intentaron cunha mellora cara nesta segunda metade, pero a gran ventaxe conseguida polas visitantes foi suficiente para que o marcador final reflexara a súa victoria. O resultado final do partido foi dun 34-51 para Star Center Galicia, que deixa o equipo xuvenil sen poder saborear a súa primeira victoria nesta segunda fase regular.

Calasancias (34): Bea (-), María (-), Dayana (3), Fandi (11), María Fraga (9), Paula (-), Isa (-), Sofi (-), Vicky (2), Helena (3), Clara (6).

Star Center Ferrol (51)

Ningún comentario:

Publicar un comentario