mércores, 17 de febreiro de 2016

O PRIMEIRO EQUIPO CERRA A FASE REGULAR CUNHA VICTORIA IMPORTANTE DE CARA Á SEGUINTE FASE EN LA SALLE

La Salle - Calasancias (58-62)

1ª Autonómica Femenina (14 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na localidade de Santiago de Compostela fronte a La Salle. Un encontro que non tivo dominador en ningún momento do encontro, pero o gran acerto no tiro interior das nosas xogadoras durante todo o partido, significou ao final unha importante victoria para o noso primeiro equipo finalizando así cun bó sabor de boca a fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo exterior e o noso equipo tiña un bó acerto no tiro interior, chegando ao remate do mesmo cun 18-15. No segundo cuarto, o  noso equipo deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 9-16, ao descanso se chegaba cun apretado 27-31.
Na segunda metade, o noso equipo conseguiu alexarse un pouco máis no marcador, lográndolo no terceiro cuarto, cun parcial de 12-16, o que reflexaba un 39-47 no luminoso de La Salle. No derradeiro cuarto, uns minutos no que o marcador non se moveu, onde os dous equipos custoulles anotar, foi crave para manter un pouco de marxe final, aínda que as locais conseguiron poner en certo nerviosismo e incertidumbre ao noso equipo acercándose perigosamente no marcador, aínda que o final as nosas xogadoras non deixaron culminar esa remonatada local. Así, o noso primeiro equipo lograría outra victoria máis na fase regular, cun marcador final de 58-62 no remate do encontro.

La Salle (58)
Calasancias (62): Mónica (4), Helena (2), Montse (17), Cris (15), Mar (6), Ester (6), María (2), Mery (10).

Parciales: 18-15/9-16/12-16/19-15
Col. La Salle (Santiago de Compostela) 19:00
Domingo 14 de Febrero 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario