mércores, 17 de febreiro de 2016

AS NOSAS JUNIORS QUÉDANSE AS PORTAS DA PRIMEIRA VICTORIA NESTA SEGUNDA FASE

ACB Costa da Morte – Calasancias (37-33)

2ª Fase A-1 Junior Femenina (4 Jornada)

Na mañá  do sábado 13 de octubre ás 18 horas, o noso junior disputou a cuarta xornada da segunda fase da 2ª División Junior Femenina fronte ACB Costa da Morte. Un encontro moi igualado entre ambos conxuntos, que non se resolvou ata despois de unha prórroga apaixoante.

O encontró comezou cun primeiro cuarto onde as nosas xogadoras sairon mellor que as locais, que tiñan un ataque mermado contra a nosa defensa, finalizando o cuarto 5-10 de parcial para as nosas. No segundo cuarto da primeira metade, ambos equipos igualaronse en forzas e defensa, cun parcial de 9-6, que deixaba o marcador ao descanso de 14-16 para as nosas juniors.

Tras o paso polos vestiarios, o partido seguiu a mesma dinámica, ambos equipos igualados e cunhas boas defensas, cun parcial de 10-11, situándose ó marcador nun axustado 24-27. Finalmente, o derradeiro cuarto destacou por a escaseza de puntos por ambos os dous equipos, ó equipo local intentou conseguir a ansiada remontada do encontro, chegando a empatar o partido e mandando o mesmo a unha prórroga moi igualada. O resultado final trala prórroga disputada foi un axustado 37-33 para ás locais, certificándose así a victoria de ACB Costa da Morte. As nosas juniors o tiveron na súa man, pero non poido ser. A seguir traballando e pronto veremos esa recompensa nos resultados dos seguintes encontros.

ACB Costa da Morte (37)
Calasancias (33): Dayana (2),  Fandi (14), María (10), Isa (-), Sofia (2), Vicky (-), Helena (5).

Parciales: 5-10/9-6/10-11/7-4.
Pol.Brens (Cée) 18:00

Sábado 13 Febrero 2016. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario