luns, 29 de febreiro de 2016

VICTORIA DAS CADETES NO DERBY DOS ROSALES

Encontro disputado o Sábado as 12 da mañá, no Colexio Calasancias, pertencente a xornada nº 13 da Liga Regular Grupo A de A Coruña. Enfrontábanse o 2º Clasificado e o último da clasificación, desta competición, os nosos veciños.
O encontro, estaba claro dende un comezo, onde as únicas dúbidas serian, como ia responder o conxunto local, e canto ia aguantar o visitante. O domino foi claro dende o comezo do encontro, no que a so o 2º cuarto, se baixou a intensidade defensiva e se xogou bastante estático en ataque, e o conxunto visitante chegou a poñerse por momento a 5 puntos das locais. Pero pouco durou ese susto, xa que despois de un tempo morto, se volveu a axustar tanto a defensa como o ataque, e todo volveu o seu orde esperado. 
Resultado final: 78-38 que da pouco que falar de como foi o encontro, e onde as menos habituais tiveron moitos minutos para traballar.

Calasancias 78: Sofia, Sandra 6, Cris 10, Maria 16, Vaquero 2, Berta 16, Paula 16, Noelia 12
C.D. Los Rosales 38

Ningún comentario:

Publicar un comentario