martes, 2 de febreiro de 2016

O PRIMER EQUIPO ASALTA Á CASA DO LÍDER NO MELLOR ENCONTRO DA TEMPADA

Peleteiro - Calasancias (31-46)

1ª Autonómica Femenina (12 Xornada)

Chegábamos a localidade de Santiago sen moitas esperanazas de conseguir algo positivo da nosa visita a Peleteiro, debido a que só oito xogadoras disputarían o encontro, entre elas só dos interiores, unido a que nos enfrontábamos ao líder da fase regular no seu feudo, que contaba coa totalidade de victorias pola súa parte.

Sen embargo, cada partido é un mundo, en calquera momento se pode romper ás estadísticas e prevencións dun encontro e máis nunha primeira división autonómica onde todo está moi axustado. Isto foi o que ocurriu no pasado sábado en Peleteiro, o noso primeiro equipo do clube deu a mellor imaxen de toda a fase regular, cunha defensa afixiante durante todo o encontro que non deixou en ningún momento meterse no encontro as locais. Todas as nosas xogadoras puxéronse o mono de traballo, cun gran esforzo e a mellor defensa no que vai de liga, demostraron que poden gañar a calquera se elas mesmas queren e demostran esa aptitude competitiva e de ir a por cada partido, conseguindo finalmente a primeira victoria a domicilio na fase regular.

Todo isto foi apoiado e mediante o asombro, de outros entrenadores da fase regular que presenciaron o encontro, onde veron a un equipo moi diferente a partidos anteriores, quedándonse alucinados có gran partido das nosas autonómicas, está moi claro que este é o camiño a seguir. Con respecto a encontro pouco máis que engadir, dende un primeiro momento as nosas colocáronse por diante no electrónico cun 9-15 no primeiro cuarto, diferenza que se aumentou durante todo o encontro, debido outra vez a gran defensa realizada por as nosas xogadoras, o que fixo que se gañarán todos os parciais de cada cuarto ata chegar a victoria final. Felicitar dende aquí a todo o equipo polo encontro, demostrando que se queren poden conseguir o que se propoñan.

Peleteiro (31)
Calasancias (46): Mónica (6), Montse (15), M. Ramis (6), Cris (8), Barri (8), Mar, María (3), Joana.

Parciales: 9-15/12-14/6-7/4-10
Col. Peleteiro- Montouto (Santiago de Compostela) 20:00

Sábado 30 de Xaneiro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario