mércores, 30 de decembro de 2015

Torneo Ensino Lugo. Grandiosa Experiencia



No último fin de semana, xogamos o que serian, os derradeiros minutos do ano 2015, no torneo de Nadal que fixo o Clube PortaXI Ensino de Lugo, e que fumos gratamente invitados e no que foi dende logo unha gran experiencia para as xogadoras Cadetes do Clube.

Tivemos a oportunidade de xogar contra grandes equipos da comunidade veciña de Castela-León, asi como o Xuventude de Cambados da nosa comunidade, no que  a convivencia e o nivel de baloncesto xogado nese torneo, fixo que fose un grande Torneo a ter en conta nas datas de Nadal.

O Primerio encontro disputamolo, as 19:30 contra o equipo Castelano-leonés de BFLeón, un conxunto que xoga a división Autonómica de Castela-León. As nosas, non llo puxeron fácil as leonesas, e disputaron o encontro ate o final, pero o nivel das xogadoras de Castela e Léon foi determinante para que o encontro caera das máns delas, co resultado de 59-34


O segundo encontro o disputamos, o dia seguinte, as 11:00 da mañá, contra un conxunto da nosa comunidade, pero de outra liga superior, o conxunto era o Xuventude de Cambados. Co cansancio acumulado do encontro do dia anterior tan tarde, xogabamos relativamente cedo, e o xuven xogaba o seu primeiro encontro do torneo polo que chegaba fresco, e impoñia o seu ritmo alto de xogo, no que as rapazas aguantaron o que puideron, pero disputando o duelo e poñendo as cousas dificiles para as cambadesas, nas que o maior acerto exterior fixo que se fosen nun abultado marcador de 74-47 para as das Rias Baixas.

Xa no derradeiro encontro, volviamos xogar a primeira hora da tarde, e coa comida ainda baixando pola gorxa, xogariamos o derradeiro encontro contra outro equipo de Castela e León, o Colexio Leonés, un conxunto que tivo mais tempo de descanso e iso notouse na pista a hora do encontro. Un encontro que o cansancio fixo mella nas rapazas, no que chegamos gañando o primeiro cuarto e o segundo se nos fixo eterno, no que as rapazas, so puideron dar o mellor de elas para que o resultado non fose moi abultado. 68-39.
Pola nosa parte, dar gracias o Ensino de Lugo, pola invitación o torneo, e sorte para futuras edicions, nas que sen dúbida que as nosas rapazas querran repetir experiencia.
Mostrando IMG_4349.JPG



Dar gracias sobre todo, os afeccionados pais que se achegaron a Lugo e compartiron a experiencia como se fosen un mais do equipo, animando en todos os encontros, e colaborando para que todo fose a pedir de boca.
Dar gracias tamén a Critobal Fojo por cedernos as instantaneas do acontecemento.

Saudos a Todos e Feliz entrada e salida de Ano.!!




mércores, 23 de decembro de 2015

O cadete feminino invitado a o torneo de navidade do Ensino de Lugo.

Con motivo das vacacions de Nadal o Porta XI – Ensino organiza o torneo cuadrangular internacional feminino no que se reúnen xogadoras de 4 equipos en catro categorías diferentes: alevín, infantil, cadete y junior.
Co fin de achegar o baloncesto nunhas fechas tan familiares y debido o parón que sofren as ligas nacionais y autonómicas, realizan a segunda edición do torneo para compartir con outros clubes este deporte na época vacacional. Esta segunda edición mellora a primeira polo seu carácter internacional e se espera que sexa un éxito tanto organizativo como deportivo.
O equipo cadete feminino, foi convidado a este torneo por primeira vez, no que se enfrentará a grandes equipos, tanto galegos como do resto do territorio español.
Estes son os horarios dos Encontros



luns, 21 de decembro de 2015

Peche de primeira fase do Cadete con Victoria ante Santa Maria del Mar

Encontro disputado en horario de tarde no Colexio Calasancias, as 18:00, tarde desapacible no exterior pero agradable no interior do pavillón da Escola, e sobre todo o ver o encontro que iamos disputar.
Comezo frenético por ámbolos dous conxuntos onde o Santa Maria do Mar aguantou as envestidas das Calasancias no primeiro cuarto. Despois do anterior encontro, as locais ian con gañas a xogar para enmendar os erros cometidos contra o colista, e sairon a por todas dende os primeiros minutos , pero descoidando un pouco a defensa no que as visitantes, conseguiron a súa mellor anotación por cuarto do encontro con 14 puntos. O encontro parecia aberto e disputado xa que se chegou o final do cuarto 22-14, deixando todo aberto.
No segundo cuarto, as visitantes no aguantaron o ritmo imposto por o equipo locatario e o encontro rompeuse a favor das locais, no que non baixaron o ritmo e mantiveron o seu ritmo de anotación chegando a 20 puntos e deixando as visitantes so a 4 puntos, no que os erros visitantes e a incómoda defensa pantexada por o conxunto local, deu os seus froitos, para alonxarnos no electrónico.
A saida do descanso a tónica foi a mesma, ca no 2ª cuarto, onde as locais non baixaron o ritmo, e as visitanes xa moi mermadas fisicamente aguantaron o que puideron para non levar un marcador mais amplo do que xa levaban.

Calasancias 79: Sofia, Sara(8), Sandra(4), Cris(2), Maria(16), Lucia(10), Berta(7), Paula(22), Noelia, Vicky Carreira(10)
Santa Maria del Mar 30: Martinez(4), Santiago(6), Benito(2),Aguirrezabalaga(16), De la Colina(2), Araujo.


O PRIMER EQUIPO CONSEGUE A SÚA SEGUNDA VICTORIA ANTE UNHA GRAN EXPECTACIÓN NO GRAN DÍA DO CLUBE

Calasancias – Neumáticos Sarria (54-46)

1ª Autonómica Femenina (8 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e Neumáticos Sarria. Un encontro que significou unha gran festa no día de celebración do clube, onde todas as categorías presenciaron a gran victoria do noso primeiro equipo, que dominou todo o tempo ao equipo visitante no marcador, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguirá a súa segunda victoria nesta fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 11-10. No segundo cuarto, o equipo local deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 17-7, chegándose ao descanso cun 28-17.
Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, pero o equipo local mantívose centrado e acertado ofensivamente, polo que neste cuarto a diferenza entre ambos equipos non variou, tal e cómo reflicte o parcial deste cuarto cun 14-14, deixando un resultado de 42-31. No derradeiro cuarto, a vantaxe obtida polo noso primeiro equipo no segundo cuarto, foi suficiente para non pasar moitos apuros nos minutos finais do encontro. Así, o noso primeiro equipo lograría a súa segunda victoria na fase regular, cun marcador final de 54-46 no remate do encontro ante unha gran expectación e animación por parte da afección.


Calasancias (54): Mónica (12), Malpica (-), Helena (-), Fandi (-), Montse (-), Marta (11), Cris (12), Barri (4), Mar (-), María (2), Mery (13), Johana (-).
Neumáticos Sarria (46): López, L (6), Naranjo (-), Nuñez (-), Mariño (8), Puente (5), Somoza (8), Gallego (2), López, C (-), Rey (-), Souto (6), Fernández (11), Lombardía (-).

Parciales: 11-10/17-7/14-14/12-15
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 20 de Diciembre.

O EQUIPO XUVENIL FINALIZA A FASE REGULAR CUNHA GRAN VICTORIA SOBRE BETANZOS

Calasancias – Santo Domingo Betanzos (63 – 30)

2ª Junior Femenina (9 Jornada)

Na mañá  do sábado 19 de diciembre ás 12 horas, disputóuse a novena xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra Santo Domingo Betanzos. Este encontro significou o derradeiro da fase regular para o equipo xuvenil, que comezou cun primeiro cuarto igualado entre os dous equipos, onde o equipo visitante poido aguantar o ritmo que impoñía o noso equipo local, finalizando o cuarto 15-10 de parcial para as locais. No segundo cuarto da primeira metade, as locais mantiveron o seu ritmo de xogo ofensivamente e defensivamente, pola súa banda as visitantes desapareceron en este cuarto, tal e como reflexa o parcial de 16-2, provocando que as nosas chicas escapáronse no marcador cun resultado ao descanso 31-12.

Tras o paso polos vestiarios, o encontro seguiu pola misma tónica, cunhas locais centradas que aínda incrementarían máis a vantaxe no marcador, cun parcial de 18-8 situándose ó marcador nun desequilibrado 49-20. Finalmente, no derradeiro cuarto ó equipo local conseguiu manter esta gran vantaxe no marcador, conseguindo a victoria, despedídonse cun bó sabor de boca da fase regular e un gran traballo colectivo para finalizar o ano. O resultado final do encontró foi 63-30 para ás locais, certificándose así a victoria das nosas xuvenís de Calasancias no seu último partido desta fase regular.

Calasancias (63): Bea (-), Dayana (6),  Fandi (16), María (7), Paula (5), Isa (-), Sofia (5), Vicky (-), Helena (12), Clara (12).

Santo Domingo Betanzos (30): García (-), Otero (6), Nogueira (4), Feijo (-), López, I (-), López, I (4), Vázquez, C (2), Bosch (8), Cabiao (-), Vázquez, R (2), Santalla (4).

Parciales: 15-10/16-2/18-8/14-10
Pol. Riazor (Coruña) 12:00

Sábado 19 Diciembre. 

sábado, 19 de decembro de 2015

mércores, 16 de decembro de 2015

Fin de Semana cheo de partidos e DIA DO CLUBE!!!

Esta fin de semana, xogarase as ultimas xornadas do ano, e para celebralo, o Domingo convidase a toda a familia do basquet de Calasancias, ao xa tradicional  DIA DO CLUB, que coincidirá co partido do 1ª Autonómica. Estará cheo de sorpresas, concursos, regalos, sorteos, e faremos a foto de todas as categorias do Clube, ademais de que durante o partido, os mais pequenos amenizarán os tempos mortos e os descanso, xogando na pista histórica de Riazor. A partir das 18:00 

Estades todos convidados!!!
Calendario de partidos de esta fin de semana, xogamos todos!!!

Victoria das cadetes no derby dos Rosales

Despois do ano pasado, coas infantiles, non se deu un derby postal nunca na categoria de Cadete feminino, e este sábado foi o día, que tivo lugar no pavillón dos Rosales as 12:00 da maña. 
O equipo presentabase coas baixas das anotadoras do equipo, pero ainda que non xogaron estiveron animando na grada, como se fose una mais.
O encontro comezou, de contado ao noso favor, cun parcial rápido de 2-17 para nós, e a partir de ahí, cambiou o conto, a defensa deixou de ser intensa, e o ataque sin movilidade, cun xogo apático e desordeado que deu folgos o equipo locatario, para achegarse a poucos puntos no marcador no segundo cuarto, e ver que ainda habia partido e que tiñan moito que decir, chegando o descanso (16-29).
A volta dos vestiarios, volvemos a coller o caracter que perdimos no último cuarto e parte do primeiro, volvendo a poñer terra de por medio, pero o remate do cuarto volvemos a as andadas e vivindo do feito anterior, puidendo facer un parcial mais amplo, chegou o outro conxunto a anotar 7 canastas, no final do cuarto deixando o parcial nun 7-19.
Co encontro asi, as xogadoras baixaron a intensidade, e o cansancio comezou a xurdir nas xogadoras, que acusaron os picos de intensidade que fixeron en vez de continuidade, e este cuarto foi o cuarto das locais onde chegaron a gañalo cun parcial de 16-10.

C.D. Los Rosales 39 Calasancias 58
parciales; (7-19/9-10/7-19/16-10)

En breve os highlighs

luns, 14 de decembro de 2015

O PRIMEIRO EQUIPO ESTREA O SEU CASILLEIRO DE VICTORIAS


Calasancias – La Salle (54-47)

1ª Autonómica Femenina (7 Jornada)

Encontro disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e La Salle. Un encontro que dominou case todo o tempo o equipo local no marcador agás no terceiro cuarto, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguiu a súa primeira victoria nesta fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 13-10. No segundo cuarto, o equipo local deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 12-5, ao descanso se chegaba cun 25-15.
Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, lográndoo no terceiro cuarto, incluso poñéndose por diante, aínda que lles durou pouco a alegría, xa que o equipo local logrou sobrepoñerse e volver a adiantarse ao remate do cuarto cun 35-29. No derradeiro cuarto, o acerto nos tiros libres do equipo local, fixo que esta distancia no marcador non se reducira. Así, o noso primeiro equipo lograría a tan ansiada primeira victoria na fase regular, cun marcador final de 54-47 no remate do encontro.

Calasancias (54): Mónica (12), Malpica (-), Montse (6), Marta (8), Cris (8), Barri (10), Mar (3), Mery (7), Caterina (-).
La Salle (47): Seguín (-), Posse (2), González (12), Devesa (6), Ferrerás (11), Popana (1), Fernández (-), Fernández (9), Tona (-), Pena (4), Amado (2).

Parciales: 13-10/12-5/10-14/19-18
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 13 de Diciembre.

Victoria do Junior

Vou vos contar o que fai a vida, o baloncesto e o deporte tan interesante,( que non estresante, como decía Manquiña en Airbag). A teoría da evolución afirma que: “ os mais fortes sobreviven”. Pode ser, quizáis…pero a teoría da competición di: “ que por ser mais fortes, non significa que non se lles poda derrotar. Eu digo: “O outro equipo pode ser favorito, ter as probabilidades na nosa contra, e asi é. Pero o que as probabilidades non saben, e que esto, non é un exame de matemáticas. Esto é unha proba completamente diferente, onde a paixón ten unha forma curiosa de superar a lóxica, asi que , antes de darmos o paso de entrar na pista, de facer o quencemento, de que soe a bocina e o reloxo comezase a correr, recordamos que os resultados anteriores non sempre contan, non importa o que a estadística diga, o que os afeccionados pensen, os expertos falen, o que se pronostique antes do encontro, por que unha vez que comece a andar o reloxo, as apostas non contan. Non debemos de sorprendernos por darlle a volta a estadística, de rachar a imbatibilidade das contrarias, de non rendirse, por que como di o refrán, Todos temos a nosa oportunidade.
Viaxe longo e tardío, nunha tarde desapacible no camino a Cee, chegando ao pavillón da Escola de Cee coa noite caendo, coma os partidos da xornada das grandes citas deportivas, que podemos ver nas canles televisivas, pero sen os siareiros esperando na porta do pavillón ou estadio dando os últimos folgos para o encontro. Esos folgos veñen dos que nos acompañan a tantos viaxes pola xeografía galega, especialmente a norte. Chegamos coa baixa de ultima hora de Dayana, e coa axuda de duas Cadetes debutantes na categoría, como Maria Veiga e Lucía Rodriguez, e a cadete habitual como é Vicky Gonzalez.
En canto o encontro, despois de tanta poesía, decir que foi competido ate o final, e cun final de infarto como ocorreu no encontro da ida, onde o equipo local tivo na súa man, poder empatar ou incluso gañar o encontro.
As rapazas sairon no primeiro cuarto, un poco despistadas e frouxas defensivamente, onde os axustes defensivos, e a calidade individual de certas xogadoras locais, conseguían responder as nosas canstras. O cambio de actitude e da defensa propiciou que as locais non tiraran cómodas en ningún intre do encontro e que mentivesemos e ampliásemos a ventaxa no segundo cuarto, pero sen lograr, marchares no marcador con diferencia suficiente coma para estar tranquilas.(18-26)
A volta dos vestiarios, as locais sairon coa intención de recuperar rápido o encontro e poñerse diante, todo eso gracias a unha boa defensa que nos dificultou poder anotar, de feito, so anotamos 4 puntos, e para iso, foi nos últimos 2 minutos. No derradeiro cuarto, as defensas predominaron nos dous conxuntos, onde os fallos nos pases, e o pouco acerto fixo, que o encontro non se decidira ate os últimos 56seg onde fomos por detrás do marcador e logramos poñernos por diante por un punto(39-40), e volvendo a recuperar o balón para ir os tiros libres a falta de 8 seg. Nesos tiros libres, Maria Fraga anotou o primeiro, e errou o segundo. Loitouse polo rebote, pero quedou nas mans das locais, que o final non conseguiron anotar.
Victoria das Rapazas, que seguen con aspiración no grupo ainda que xa non dependendo só de nos, senón do que fagan os demáis conxuntos que están na poxa polos postos de arriba.
ACB Costa da Morte 39: Casais(7), Pazos(8), Castro(5), Lucía(9), Agulleiro(-), Lorena(10), Atan, Súarez ,Romero, Oca.

Calasancias 41: Bea(-), María Veiga(11), Fandi(13), María Fraga(7), Isa, Lucía Rodriguez, Vicky González , Sofía(6), Helena(2), Clara(2).

Resultados da Fin de Semana


mércores, 9 de decembro de 2015

Encontros para esta fin de Semana 12-13/12/2015


DERROTA DO PRIMER O EQUIPO EN FERROL NUN ENCONTRO APAIXOANTE

Star Center Ferrol - Calasancias (53 - 49)

1ª Autonómica Femenina (6 Jornada)

Partido disputado no día festivo de onte ás 20 horas na localidade de Ferrol entre Star Center Ferrol e Calasancias. Un encontro vibrante e longo que non se soupo ó gañador ata o final despois de dous prórrogas, onde o noso primeiro equipo intentou acadar a primeira victoria da tempada que aínda se resiste, xa que finalmente o equipo visitante logrou alzarse coa mesma.
O partido comezaría con pouco acerto de cara o aro por ambos equipos, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun escaso 9-2. No segundo cuarto, máis o menos resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, aínda que o equipo visitante acadaría tres puntos máis, reflexado no parcial do cuarto dun 9-5, chegando ao descanso cun marcador de 18-7.
Na segunda metade, o encontro comezou con máis puntos que na primeira metade, onde o equipo visitante intentou achegarse no marcador, conseguindoo no último cuarto de partido, cando comezaron a facer os seus mellores minutos do partido, gracias a unha gran defensa que fixo unha e outra vez que o equipo local non anotase case puntos, chegando ao final cun igualado 40-40, polo tanto íbamos á prórroga. Na primeira prórroga, as defensas de ambos equipos se impuxeron os ataques, debido a que só se anotaron 3 puntos por cada equipo, o que ocasionaba outra segunda prórroga. Na derradeira prórroga, o equipo local tivo algo máis de acerto de cara ao aro, o que supuxo que acadasen finalmente coa victoria. O resultado final do encotro foi dun 53-49 para Star Center Ferrol, que deixa o equipo de Calansacias sen poder saborear a súa primeira victoria na fase regular.

Star Center Ferrol (53): Yáñez (2), Domínguez (10), Manivesa (10), Varela (3), García (-), Cerrato (3), Cuiña (8), Tenreiro (3), Pérez (-), Vázquez (8), Tatuelo (6).
Calasancias (49): Mónica (9), Malpica (-), Montse (12), María (2), Cris (6), Barri (5), Mar (-), Mery (14), Fandi (1).

Parciales: 9-2/9-5/17-18/5-15/3-3/10-6

Pol. Esteiro (Ferrol) 20:00 Martes 8 de Diciembre.

mércores, 2 de decembro de 2015

Convocatoria Selección Coruñesa Alevín Femenino

Convocadas para a Seleccíon Coruñesa a 2 xogadoras do Alevín Feminio Calasancias:
Marta Andrade Vaquero
Noa Vázquez Recouso
Noraboa!


martes, 1 de decembro de 2015