luns, 29 de febreiro de 2016

PLAGA DE LESIÓNS NO CADETE FEMENINO

Estas derradeiras semanas, parece que o Cadete Femenino, tivo mal de ollo, comezabamos coa baixa de Victoria Ucelay, para gran parte de liga, e na semana pasada o nocello de Sara Argiz que a terá unas semanas afastada das pistas. Cando pensábamos que rematara o mal de ollo, o mercores Patricia de la Orden, rompeu o cubito no adestramento que posiblemente a terá un mes afasada dos terreos de xogo. Pero ainda non quedou ahi a cousa. O Domingo a mañá, a nosa xogadora Paula Herrero, foi convocada para o encontro que as Juniors ian disputar contra Star Center Ferrol, e no transcurso do encontro, sufriu un golpe que lle desplazou o nariz, e tivo que ser atendida de urxencia no policlínico Modelo.
Con todo isto, decir que 4 xogadoras do Cadete femenino, serán baixa para os proximos encontros, e que dende o corpo técnico, afeccionados, e resto do clube , desexámoslle unha pronta recuperación para que volvan pronto a pista de xogo.

Ánimo a todas!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario