mércores, 17 de febreiro de 2016

Horarios da Fin de Semana da Copa do Rey


A Cidade da Coruña, e o Coliseum Coruñes, vibrará dende o Xovés ate o Domingo coa Copa do Rey, tras 23 anos sin acoller este gran torneo do Baloncesto Español, onde se citarán os mellores 8 equipos da Liga ACB. FC Barcelona Lassa, Real Madrid, Valencia BC, Laboral Kutxa, Herbalife Gran Canaria, Montakit Fuenlabrada, Dominion Bilbao Basket e o noso veciño que fará de Anfitrión o Obradoiro Rio Natura Monbus. Mais de 11.000 persoas poderán disfrutar, deste gran torneo.
Pero tamén o noso Clube ten partidos para disputar, e con todo por decidir, como no caso das Cadetes Femininas, que terán que disputar, os minutos restantes que faltan por xogar, do encontro contra Artai, que se tivo que aplazar fai unas semanas, por mor do estado da pista. No que se xogarán 2:16 do 3º Cuarto, e o derradeiro cuarto, e que partia gañando as Coruñesas por 7 puntos de diferencia (35-43). Partido importantísimo para as aspiracións das cadetes, para pasar a 2º Fase e poder soñar, coa fase de ascenso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario