luns, 14 de marzo de 2016

AS JUNIOR NON PODEN ANTE O RITMO IMPOSTO POR COSTA ÁRTABRA

Calasancias - Costa Ártabra   (42 – 69)

2ª Fase A-1 Xunior Femenina (8 Jornada)

Partido desputado entre as nosas xuniors de Calasancias fronte Costa Artabra no colexio de calasancias ás 12 horas. O encontró foi dominado todo o tempo polo equipo visitante no marcador grazas o seu gran ataque e o bó plantel que dispoñen, que as nosas xogadoras non souperon ponerlles as cousas difíciles, un partido sen moita historia.

O encontro comezaría cun equipo visitante moi concentrado no tiro exterior, onde as nosas xuniors non o fixeron mal, pero dous triplas consecutivas fixeron que se chegará ao final do mesmo cun 14-21 no marcador. No segundo cuarto, as nosas defenderon algo mellor, ainda que as visitantes seguían acertadas en ataque, incrementando algo a distancia no marcador cun 8-12 de parcial, chegando cun resultado de 22-33 ao descanso.

Na segunda metade, as nosas xogadoras intenráronse meter no encontro, pero as numerosas perdas en ataque e unha menor intensidade na defensa, fixo que o equipo de Ferrol se alexará máis no marcador nos dous últimos cuartos. O resultado final foi 42-69, para Costa Ártabra. As nosas xuvenís seguirán buscando a súa primeira victoria nesta segunda fase.

Calasancias (42): María (2), Dayana (2), Fandi (14), María (10),, Sofía (2), Vicky (2), Clara (9).
Costa Artabra (69)

Parciales: 14-21/8-12/6-17/14-19
Col. Calasancias (Coruña) 12:00

Sábado 12 de Marzo 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario