domingo, 6 de marzo de 2016

GRAN ENCONTRO DO PRIMEIRO EQUIPO EN OURENSE, QUE CONSEGUE UNHA NOVA VICTORIA E SEGUIR INVICTAS NESTA SEGUNDA FASE

Pabellon Ourense - Calasancias (39-70)

2ª Fase A-2 1ª Autonómica Femenina (2 Jornada)

Partido disputado na tarde-noite do Sábado ás 20 horas na localidade de Ourense fronte Pabellón Ourense. Un encontro que comezaría cun retraso considerable debido ao encontro previo. Un encontro que tivo un claro dominador dende o principio ata o final, o noso primeiro equipo, o que significou unha nova victoria para o noso primeiro equipo que permite seguir invictas nesta segunda fase, ter certa marxe cos postos baixos e seguir coa boa dinámica tanto de xogo como de resultados.

O partido comezaría cos nosas xogadoras dominando e moi metidas no encontro, ademáis de ter un gran acerto no tiro exterior, onde as locais so se mantiñan no partido grazas o tiro libre,  o que significou que no primeiro cuarto se chegara cun sorprendente 9-24. O segundo cuarto foi mais igualado, o equipo local cunha defensa dura e contundente logrou parar o noso acerto do cuarto anterior e lograban plantarlle cara as nosas xogadoras, cun parcial de 13-12, sen embargo ao descanso se chegaba cunha boa ventaxe para as nosas de 22-36.

Na segunda metade, o noso equipo conseguiu alexarse máis se cabe no marcador, lográndolo primeiro no terceiro cuarto grazas ao bo xogo interior e a defensa, cun parcial de 9-19, o que reflexaba un cómodo 31-55 no luminoso. No derradeiro cuarto, as nosas xogadoras seguiron sen baixar a intensidade e un ritmo que non lograban seguir as locais, o que significou que a diferenza se incrementara mais entre ambos equipos, chegando cun parcial de 8-15 para o noso equipo. Así, o noso primeiro equipo lograría outra victoria máis nesta segunda fase regular, cun marcador final de 39-70 nun gran encontro por parte das nosas xogadoras a domicilio.

Pabellon Ourense (39)
Calasancias (70): Mónica (14), Montse (22), Cris (18), Mar (3), Ester (4), María (3), Fandi (-), Mery (6).
Parciales: 9-24/13-12/9-19/8-15
Pol. O Pompeo (Ourense) 20:00

Sábado 5 de Marzo 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario