domingo, 31 de xaneiro de 2016

Resultados da Fin de Semana


Victoria das Cadetes Feminias na Pista do Maristas

"En igualdade de condicións, a explicación mais sinxela soe ser a mais probable" principio de parsimonia(lex parsimoniae), principio metodolóxico e filosófico atribuido ao monxe franciscano, filosófico e lóxico escolastico Guillermo de Ockham.
Isto implica que, cando as teorías en igualdade de condicions teñen as mesmas consecuencias, a teoría mais simple ten mais probabilidades de ser correcta que a complexa.
Pois nos, optamos pola complexa. Temos pracer por facer as cousas complicadas, xa o que fácil non debe de ter mérito, como di algunha das rapazas, " senón o faria todo o mundo".
O que semellaba un encontro sinxelo, vendo o resutado do encontro disputado na primeira volta, (victoria por mais de 30 puntos), antoxábase un partido similar, onde as menos habituais terian mais minutos, sobre todo para coller confianza para futuras ocasións. Pero como o sinxelo, non gusta por estos lares, preferimos complicarnos a vida, e relaxarnos durante moita parte do encontro, onde sempre están as mesmas para tirar do carro.
Aplicando o principio de parsimonia, este resumo do encontro vai ser breve, como di Ana Pastor," nos poñemos os datos, e vostedes sacan as conclusións":
O primeiro cuarto, victoria para Maristas 19-11, o segundo cuarto 9-11, chegando o descanso cun 28-22.
Segunda metade comezou case como a primeira, mellorando o final do cuarto e maquillando o resultado, terceiro cuarto 9-16(37-38). Só o derradeiro cuarto, foi cando o conxunto deu sensación do que realmente e capaz de facer, de defender e xogar ben cun parcial de 4-18( resultado final 41-59).
Un resutlado abultado, pero que non reflicte o que aconteceu no Maristas o Sábado a mañá, onde o conxunto Local, xogou con mais gañas, mais intensidade, e onde pasou gran parte do encontro por enriba no electrónico, e que non deron aguantado o ritmo de xogo, e acabaron sucumbindo no derradeiro cuarto. Felicitar dende aqui a Maristas, polo encontro disputado, e por poñer contra as cordas as rapazas dando unha lección de motivación e de que non hai RIVAL PEQUENO.

Maristas 41
Calasancias 59: Paula 20, Berta 19, Cris 7, Lucía 6, Vicky 3, Sara 2, Sandra 2, Noelia, Patricia, Sofía.


sábado, 23 de xaneiro de 2016

O Final deberá de esperar.... Cadete Feminino suspendido a falta de 12 minutos...

Grande encontro iase ver no Sábado a mañá na localidade de Carballo, entre o conxunto local, Artai, e as nosas Calasancias do cadete feminino.
O encontro prometia, xa que os dous conxuntos disputaban as primeiras plazas en xogo para a seguinte fase. Antes do encontro, ambolos conxuntos, reunianse na pista para animar a xogadora Local Lola Alonso, que sufriu unha grave lesión, e o Calasancias sumouse as poxas de ánimo, para a súa pronta recuperación, portando unhas camisetas feitas para tal encontro, dandolle a Capitana do conxunto de Artai, unha camiseta personalizada e firmada de todas/os integrantes do conxunto de Calasancias.


Dende o ADCalasancias desexamos unha pronta recuperación de Lola Alonso e que regrese cedo as pistas para disfrutar o seu xogo.


En canto o encontro, decir que foi un partidio trepidante e disputado polos ambolos conxuntos onde a alternancia no marcador fixo un partido interesante. O primeiro cuarto foi para as locais co resultado de 16-14. O segundo cuarto as defesnas predominaron, e ámbolos conxuntos estiveron moi intensas, pero un mellor acerto das Calasancias fixo que o segudo cuarto fose para nos, co resultado de 7-15,( 23-29 o descanso).
A volta do descanso a pista púxose en peor estado, debido a humidade e xogouse ate que quedaban 2:16 deixando o marcador de momento nun 35-43 para as Calasancias. O encontro deberá reanudarse, outro dia coas mesmas xogadoras que estaban disputando o encontro, e os minutos que restan para a súa finalización.

O Final deberá de esperar....

Resultados do Sábado 23/1/20016

O encontro disputado polo conxunto Cadete, en Carballo, quedou suspendido por mor do estado da pista, que padeceu humidade, e non se puido rematar o encontro, quedando por xogarse 2:16 do 3º cuarto,e o 4º cuarto. En breve teremos información de cando se xogarán os minutos de xogo que restan para rematar o encontro. O resultado ia 35-43 en favor das Calasancias.


domingo, 10 de xaneiro de 2016

Resultados da Fin de Semana no Clube


Resultados do Sábado

O Encontro de Premini entre o Liceo La Paz e Calasancias, tivo que ser suspendido, debido as goteiras que sofreu a pista de xogo no pavillón Agra II. O encontro disputarase noutra xornada.



xoves, 7 de xaneiro de 2016

Primeiros Encontros do Ano!!!

Volven as competicións, volve o Baloncesto a Calasancias!!!
Practicamente todolos conxuntos do clube, xogan partidos de liga, agás as Senior de 1ª Autonómica, 2ª Autonómica, e as Junior que teñen xornada de descanso.
As Junior,seguerán de cerca os encontros da súa categoria, xa que dependen do que fagan os demais equipos, para clasificarse para a seguinte rolda, no que lles daría opción de acceder a rolda polo ascenso.
Aqui os horarios da Xornada: