luns, 29 de febreiro de 2016

PLAGA DE LESIÓNS NO CADETE FEMENINO

Estas derradeiras semanas, parece que o Cadete Femenino, tivo mal de ollo, comezabamos coa baixa de Victoria Ucelay, para gran parte de liga, e na semana pasada o nocello de Sara Argiz que a terá unas semanas afastada das pistas. Cando pensábamos que rematara o mal de ollo, o mercores Patricia de la Orden, rompeu o cubito no adestramento que posiblemente a terá un mes afasada dos terreos de xogo. Pero ainda non quedou ahi a cousa. O Domingo a mañá, a nosa xogadora Paula Herrero, foi convocada para o encontro que as Juniors ian disputar contra Star Center Ferrol, e no transcurso do encontro, sufriu un golpe que lle desplazou o nariz, e tivo que ser atendida de urxencia no policlínico Modelo.
Con todo isto, decir que 4 xogadoras do Cadete femenino, serán baixa para os proximos encontros, e que dende o corpo técnico, afeccionados, e resto do clube , desexámoslle unha pronta recuperación para que volvan pronto a pista de xogo.

Ánimo a todas!!!

VICTORIA DAS CADETES NO DERBY DOS ROSALES

Encontro disputado o Sábado as 12 da mañá, no Colexio Calasancias, pertencente a xornada nº 13 da Liga Regular Grupo A de A Coruña. Enfrontábanse o 2º Clasificado e o último da clasificación, desta competición, os nosos veciños.
O encontro, estaba claro dende un comezo, onde as únicas dúbidas serian, como ia responder o conxunto local, e canto ia aguantar o visitante. O domino foi claro dende o comezo do encontro, no que a so o 2º cuarto, se baixou a intensidade defensiva e se xogou bastante estático en ataque, e o conxunto visitante chegou a poñerse por momento a 5 puntos das locais. Pero pouco durou ese susto, xa que despois de un tempo morto, se volveu a axustar tanto a defensa como o ataque, e todo volveu o seu orde esperado. 
Resultado final: 78-38 que da pouco que falar de como foi o encontro, e onde as menos habituais tiveron moitos minutos para traballar.

Calasancias 78: Sofia, Sandra 6, Cris 10, Maria 16, Vaquero 2, Berta 16, Paula 16, Noelia 12
C.D. Los Rosales 38

O PRIMEIRO EQUIPO COMENZA A SEGUNDA FASE CON VICTORIA ANTE PORRIÑO NA CASA

Calasancias – Porriño Baloncesto Base (62-50)

2ª Fase A-2 1ª Autonómica Femenina (1 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e Porriño correspondente coa segunda fase autonómica. Un encontro que dominou todo o tempo o equipo local no marcador aínda que os parciais de cada cuarto forán igualados, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguiu a súa primeira victoria nesta segunda fase regular.

O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 15-13. No segundo cuarto, o encontró seguiu coa mesma tónica, ambos equipos alternarían canastas durante o cuarto, ao descanso se chegaba cun 31-26.

Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, pero as nosas xogadoras estaban ben en ataque e aínda que o visitante cambiou a defender en zoa, o noso equipo seguiu anotando sen moitas dificultades, ao remate do cuarto cun 46-36. No derradeiro cuarto, a defensa do equipo local, fixo que esta distancia no marcador non se reducirá. Así, o noso primeiro equipo lograría a primeira victoria nesta segunda fase regular, cun marcador final de 62-50 no remate do encontro.

Calasancias (62): Mónica (5), Montse (20), Cris (6), Barri (11), Mar (8), Ester (3), Fandi (-), Mery (7), Joana (2).

Porriño  Baloncesto Base (50)

UN MAL COMEZO MARCA A DERROTA DAS JUNIORS ANTE FERROL

Calasancias - Star Center Galicia (34 - 51)

2ª Fase A-1 2ª Junior Femenina (6 Jornada)

Partido disputado o domingo ás 10 horas na polideportiva de Riazor entre Calasancias e Star Center Galicia. Un encontró que mandou dende o comezo ata o final o equipo visitante, debido a mal comezo das nosas xuvenís nos dos primeiros cuartos, no que a ventaxe sacada polas visitantes foi derterminante para que lograrán a victoria fronte as nosas xogadoras.

O partido comezaría coas nosas xuvenís adormecidas e unido a un gran acerto visitante en ataque, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun 6-19. No segundo cuarto, resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, cun parcial similar que deixaba as nosas xogadoras nunha mala situación de cara a segunda metade, reflexado no parcial do cuarto dun 6-18, chegando ao descanso cun marcador de 12-37.

Na segunda metade, as nosas xuvenís cambiaron radicalmente e intentaron meterse no encontro e acercarse pouco a pouco as visitantes, isto víuse reflexado no parcial deste tercer cuarto 16-6, cun marcador de 28-43. No derradeiro cuarto, as nosas xuvenís o intentaron cunha mellora cara nesta segunda metade, pero a gran ventaxe conseguida polas visitantes foi suficiente para que o marcador final reflexara a súa victoria. O resultado final do partido foi dun 34-51 para Star Center Galicia, que deixa o equipo xuvenil sen poder saborear a súa primeira victoria nesta segunda fase regular.

Calasancias (34): Bea (-), María (-), Dayana (3), Fandi (11), María Fraga (9), Paula (-), Isa (-), Sofi (-), Vicky (2), Helena (3), Clara (6).

Star Center Ferrol (51)

luns, 22 de febreiro de 2016

Final do encontro aprazado con Victoria...

Nesta fin de Semana chea de emocións pola Copa do Rei de Baloncesto, o Sábado a mañá, tivo o desenlace do encontro aprazado, entre Artai e as nosas, encontro que se aprazou fai unhas semanas, pola condensación da pista que imposibilitaba a practica do baloncesto e se me apuran de calquer deporte agás Curling.
O encontro comezararia a falta de 2:16 do 3º cuarto, onde o saque pertencia as nosas xogadoras, tendo a oportunidade de comezar atacando,poderia permtir aumentar un poco a distancia no electrónico, pero nin o equipo local nin o visitante lograron anotar no cuarto restante mais de 2 puntos.
No comezo do que sería o derradeiro cuarto, as nosas sairon mais concentradas, e tiveron mais acerto cas locais, facendo valer a diferencia e incluso ampliando distancia no marcardor deixando o resultado final do encontro 47-60.
Salientar a lesión no nocello que sufriu a nosa Capitana Sara, que según primeiras exploracións terá que manter reposo un par de dias, por mor dun esguince.

CB ARTAI (16+7+12+12): Nuria (10), Emma (8), Sabela (11), Sara (3), Emilia, Iria, Carla, Sarita (8), Celia (2) y Cayetana (5).
CALASANCIAS (14+15+14+17): Sofía, Sara(1), Sandra, Cris(4),Maria(18),Lucía(4), Ucelay(4), Berta(8),Paula(14), Noelia, Vicky(7).



Resultados da Fin de Semana


mércores, 17 de febreiro de 2016

Horarios da Fin de Semana da Copa do Rey


A Cidade da Coruña, e o Coliseum Coruñes, vibrará dende o Xovés ate o Domingo coa Copa do Rey, tras 23 anos sin acoller este gran torneo do Baloncesto Español, onde se citarán os mellores 8 equipos da Liga ACB. FC Barcelona Lassa, Real Madrid, Valencia BC, Laboral Kutxa, Herbalife Gran Canaria, Montakit Fuenlabrada, Dominion Bilbao Basket e o noso veciño que fará de Anfitrión o Obradoiro Rio Natura Monbus. Mais de 11.000 persoas poderán disfrutar, deste gran torneo.
Pero tamén o noso Clube ten partidos para disputar, e con todo por decidir, como no caso das Cadetes Femininas, que terán que disputar, os minutos restantes que faltan por xogar, do encontro contra Artai, que se tivo que aplazar fai unas semanas, por mor do estado da pista. No que se xogarán 2:16 do 3º Cuarto, e o derradeiro cuarto, e que partia gañando as Coruñesas por 7 puntos de diferencia (35-43). Partido importantísimo para as aspiracións das cadetes, para pasar a 2º Fase e poder soñar, coa fase de ascenso.

O PRIMEIRO EQUIPO CERRA A FASE REGULAR CUNHA VICTORIA IMPORTANTE DE CARA Á SEGUINTE FASE EN LA SALLE

La Salle - Calasancias (58-62)

1ª Autonómica Femenina (14 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na localidade de Santiago de Compostela fronte a La Salle. Un encontro que non tivo dominador en ningún momento do encontro, pero o gran acerto no tiro interior das nosas xogadoras durante todo o partido, significou ao final unha importante victoria para o noso primeiro equipo finalizando así cun bó sabor de boca a fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo exterior e o noso equipo tiña un bó acerto no tiro interior, chegando ao remate do mesmo cun 18-15. No segundo cuarto, o  noso equipo deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 9-16, ao descanso se chegaba cun apretado 27-31.
Na segunda metade, o noso equipo conseguiu alexarse un pouco máis no marcador, lográndolo no terceiro cuarto, cun parcial de 12-16, o que reflexaba un 39-47 no luminoso de La Salle. No derradeiro cuarto, uns minutos no que o marcador non se moveu, onde os dous equipos custoulles anotar, foi crave para manter un pouco de marxe final, aínda que as locais conseguiron poner en certo nerviosismo e incertidumbre ao noso equipo acercándose perigosamente no marcador, aínda que o final as nosas xogadoras non deixaron culminar esa remonatada local. Así, o noso primeiro equipo lograría outra victoria máis na fase regular, cun marcador final de 58-62 no remate do encontro.

La Salle (58)
Calasancias (62): Mónica (4), Helena (2), Montse (17), Cris (15), Mar (6), Ester (6), María (2), Mery (10).

Parciales: 18-15/9-16/12-16/19-15
Col. La Salle (Santiago de Compostela) 19:00
Domingo 14 de Febrero 2016

AS NOSAS JUNIORS QUÉDANSE AS PORTAS DA PRIMEIRA VICTORIA NESTA SEGUNDA FASE

ACB Costa da Morte – Calasancias (37-33)

2ª Fase A-1 Junior Femenina (4 Jornada)

Na mañá  do sábado 13 de octubre ás 18 horas, o noso junior disputou a cuarta xornada da segunda fase da 2ª División Junior Femenina fronte ACB Costa da Morte. Un encontro moi igualado entre ambos conxuntos, que non se resolvou ata despois de unha prórroga apaixoante.

O encontró comezou cun primeiro cuarto onde as nosas xogadoras sairon mellor que as locais, que tiñan un ataque mermado contra a nosa defensa, finalizando o cuarto 5-10 de parcial para as nosas. No segundo cuarto da primeira metade, ambos equipos igualaronse en forzas e defensa, cun parcial de 9-6, que deixaba o marcador ao descanso de 14-16 para as nosas juniors.

Tras o paso polos vestiarios, o partido seguiu a mesma dinámica, ambos equipos igualados e cunhas boas defensas, cun parcial de 10-11, situándose ó marcador nun axustado 24-27. Finalmente, o derradeiro cuarto destacou por a escaseza de puntos por ambos os dous equipos, ó equipo local intentou conseguir a ansiada remontada do encontro, chegando a empatar o partido e mandando o mesmo a unha prórroga moi igualada. O resultado final trala prórroga disputada foi un axustado 37-33 para ás locais, certificándose así a victoria de ACB Costa da Morte. As nosas juniors o tiveron na súa man, pero non poido ser. A seguir traballando e pronto veremos esa recompensa nos resultados dos seguintes encontros.

ACB Costa da Morte (37)
Calasancias (33): Dayana (2),  Fandi (14), María (10), Isa (-), Sofia (2), Vicky (-), Helena (5).

Parciales: 5-10/9-6/10-11/7-4.
Pol.Brens (Cée) 18:00

Sábado 13 Febrero 2016. 

xoves, 11 de febreiro de 2016

Marta Selección!!

Outro ano mais, A.D. Calasancias ten representante na selección Galega Mini Feminina, que xogará o Campionato de España de Seleccions Nacionais, en San Fernando ( Cádiz), entre o 19 e 23 de Marzo. Neste ano, a xogadora que nos representará será Marta Andrade Vaquero, que estará as ordes de Diana Piñeiro, que dirixe outro ano mais a selección galega.

Noraboa Marta, e moita Sorte nesta Aventura que vas poder disfrutar!!!

Horarios dos Encontros para esta fin de Semana 13/14-2-2016


martes, 2 de febreiro de 2016

AS JUNIOR NON PODEN ANTE A VELOCIDADE DAS XOGADORAS LOCAIS

Costa Artabra – Calasancias (73 – 40)

2ª Fase A-1 Xunior Femenina (3 Jornada)

Tocou erguerse cedo na mañá do domingo para presenciar o encontro das xuniors de Calasancias, fronte Costa Artabra, na localidade de Ferrol ás 10 horas. O encontró foi dominado todo o tempo polo equipo local no marcador grazas a sús velocidade no ataque, que as nosas xogadoras non souperon parar, ademáis da fráxil defensa proposta polas nosas xuniors.

O encontro comezaría cun equipo local moi concentrado, intenso e sabendo que a súa velocidade era a súa principal arma e ventaxe, chegando ao final do mesmo cun 19-7 no marcador. No segundo cuarto, as nosas defenderon algo mellor, o que supuxo que recortarán algo a distancia no marcador cun 9-11 de parcial, chegando cun resultado de 28-18 ao descanso.

Na segunda metade, o equipo visitante intentou meterse no encontró, pero as locais cun alto ritmo de xogo, unido a baixada de intensidade defensiva das visitantes e un ataque lento e parado contra a defensa local. Finalmente, as locais aumentaron a vantaxe no marcador. O resultado final foi 73-40, para Costa Artabra. As nosas xuvenís seguen buscando a súa primeira victoria nesta segunda fase.

Costa Artabra (73)
Calasancias (40): Bea, María, Dayana (2), Fandi (12), María (12), Isa, Sofía (4), Helena (6), Clara (4).

Parciales: 19-7/9-11/18-12/27-10
Pav. Municipal Esteiro (Ferrol) 10:00

Domingo 31 de Xaneiro 2016

O PRIMER EQUIPO ASALTA Á CASA DO LÍDER NO MELLOR ENCONTRO DA TEMPADA

Peleteiro - Calasancias (31-46)

1ª Autonómica Femenina (12 Xornada)

Chegábamos a localidade de Santiago sen moitas esperanazas de conseguir algo positivo da nosa visita a Peleteiro, debido a que só oito xogadoras disputarían o encontro, entre elas só dos interiores, unido a que nos enfrontábamos ao líder da fase regular no seu feudo, que contaba coa totalidade de victorias pola súa parte.

Sen embargo, cada partido é un mundo, en calquera momento se pode romper ás estadísticas e prevencións dun encontro e máis nunha primeira división autonómica onde todo está moi axustado. Isto foi o que ocurriu no pasado sábado en Peleteiro, o noso primeiro equipo do clube deu a mellor imaxen de toda a fase regular, cunha defensa afixiante durante todo o encontro que non deixou en ningún momento meterse no encontro as locais. Todas as nosas xogadoras puxéronse o mono de traballo, cun gran esforzo e a mellor defensa no que vai de liga, demostraron que poden gañar a calquera se elas mesmas queren e demostran esa aptitude competitiva e de ir a por cada partido, conseguindo finalmente a primeira victoria a domicilio na fase regular.

Todo isto foi apoiado e mediante o asombro, de outros entrenadores da fase regular que presenciaron o encontro, onde veron a un equipo moi diferente a partidos anteriores, quedándonse alucinados có gran partido das nosas autonómicas, está moi claro que este é o camiño a seguir. Con respecto a encontro pouco máis que engadir, dende un primeiro momento as nosas colocáronse por diante no electrónico cun 9-15 no primeiro cuarto, diferenza que se aumentou durante todo o encontro, debido outra vez a gran defensa realizada por as nosas xogadoras, o que fixo que se gañarán todos os parciais de cada cuarto ata chegar a victoria final. Felicitar dende aquí a todo o equipo polo encontro, demostrando que se queren poden conseguir o que se propoñan.

Peleteiro (31)
Calasancias (46): Mónica (6), Montse (15), M. Ramis (6), Cris (8), Barri (8), Mar, María (3), Joana.

Parciales: 9-15/12-14/6-7/4-10
Col. Peleteiro- Montouto (Santiago de Compostela) 20:00

Sábado 30 de Xaneiro.