luns, 18 de abril de 2016

NOVA DERROTA DAS CADETES ANTE COSTA ÁRTABRA

Encontro de volta da 2ª Fase da Liga Regular, ante Costa Ártbara. Esta vez, tocounos un pequeno viaxe a localidade de Neda, famoso polo seu Pan, o cal esquecemos coller de camiño de volta, pensando na derrota que obtivemos. Mágoa de derrota, ( e mágoa de non coller o pan)pero sacando cousas positivas, plantándolle cara, a primeira metade de encontro, onde puidemos xogar de tú a tú contra un bó conxunto, e favorito a o ascenso.
A primeira metade, foi competida, a pesar das xa sabidas baixas de Paula, xa recuperada da súa lesión, e Berta, que por motivos persoais, non puideron asistir ao encontro. O conxunto locatario, sempre foi por diante, pero as rapazas loitaron para que non se fosen no marcador, con unha boa defensa, e no ataque, ainda que algo erráticas, atinaron nos poucos intentos de lanzar entre o aro. O primeiro cuarto 13-8 e o segundo cuarto 15-13 ( Descanso 28-21).
Na volta dos vestiarios, o conxunto local, sain impoñendo un forte ritmo, e unha boa defensa que non nos permitia atacarlles como a primeira metade, onde erramos na saida do balón, provocada pola presión defensiva que non supimos sair en moitas ocasións, e así, non deixaba lugar a sorpresa practicamente matando o encontro a favor das Ártbaras. Terceiro cuarto 25-5 (53-26)
No derradeiro cuarto, a acumulación de faltas fixo dano as nosas,(25 visitantes, por 10 das locais, ainda asi, boa actuación arbitral) que comezaron a caer como mazás na horta, expulsando por faltas a 2 xogadoras, e tendo 4 con catro faltas, ainda asi loitaron por levar un cuarto gañado para a casa que se resistiu, pero foi loitado ate o final 13-10. Fin do encontro 67-36
Salientar, o bó traballo das rapazas sobre todo na primeira metade, que deron a cara ante un rival superior, e que tivo que facer traballar duro as locais para que a sorpresa non saltase en San Isidro.

Costa Ártabra 67
Calasancias 36  Sofía, Sara 3,Sandra Patricia 2,Cristina, María 10, Lucía 12, Noelía, Vicky 9

Ningún comentario:

Publicar un comentario