domingo, 24 de abril de 2016

PRIMEIRA VICTORIA NA FASE DE ASCENSO PARA AS NOSAS XUVENIS EN CARBALLO

EB Xiria-Laracha – Calasancias (45 – 52)

Fase Ascenso Junior Femenina (2 Xornada)

Partido correspondente a segunda xornada da fase ascenso  da segunda división xuvenil femenina disputado na mañá do sábado ás 10 horas, na localidade coruñesa de Carballo entre o equipo local EB Xiria-Laracha fronte o noso juvenil de Calasancias, un partido disputado entre ambos equipos durante os cuarenta minutos, pero que finalmente o noso xuvenil conseguiu unha gran victoria a domicilio. Un encontro no que chagábamos con tan só 6 xogadoras e que se complicaría aínda máis cando no primeiro cuarto unha das nosas xogadoras tiña 4 faltas persoais, o que provocaba que case todo o partido tiveran que xogar 5 xogadoras, pero cun gran traballo de todas xa que aguantaron el ritmo del partido e a exigencia física durante o mesmo.

O encontro comezaría cun mal primeiro cuarto das nosas xogadoras, que mediante unha fráxil línea defensiva e malas decisións en ataque que provocaban moitas pérdidas, unido a un gran acerto rival, fixo que o equipo local fixerá un bó cuarto, co que o marcador reflexará un 15-8 para as locais. O segundo cuarto as nosas xogadoras máis centradas en ataque e algo mellor na defensa, fixo que o noso equipo recortará as distancias coas locais atá chegar ao descanso cun axustado 23-20 no marcador.

Na segunda metade, o terceiro cuarto reflexou unha gran igualdade de ambos equipos, esforzándose e poñendo moitas gañas en coseguir a súa primeira victoria por ambos, reflexandose ao final do mesmo o resultado era de 36-35. No derradeiro cuarto, ás nosas chicas aumentaron o ritmo de xogo e con moitas recuperaciones e un ataque imparable, o que fixo que as locais non podeiran reaccionar ante tal xogo e desplegue de ritmo e físico das nosas xogadoras cun parcial de 9-17, ó que propiciou unha ventaxe importante e decisiva para as nosas xogadoras, en consecuencia finalmente lograron a primeira victoria nesta fase de ascenso por 45-52. Gran partido de Calasancias, enfrentándose e sobrepoñéndose as diversidades que tiña neste partido, noraboa.

EB Xiria-Laracha (45):
Calasancias (52): Bea (-), Dayana (1), Fandi (14), Sofía (3), Helena (24), Clara (10).

Parciales: 15-8/8-12/13-15/9-17
Pol. Vila de Noia (Carballo) 10:00

Sábado 23 Abril 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario