luns, 18 de abril de 2016

0 PRIMEIRO EQUIPO SEGUE CON PASO FIRME, VICTORIA ANTE PABELLON OURENSE NA CASA

Calasancias -  Pabellon Ourense (72-54)

2ª Fase A-2 1ª Autonómica Femenina (12 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva de riazor fronte Pabellon Ourense. Un encontro no que o equipo visitante presentabase con 6 xogadoras, pero que plantaronlle cara as nosas xogadoras, sobre todo ata o terceiro cuarto. Por outra banda, as nosas xogadoras fixeron un gran partido a partir do segundo cuarto ata o final do encontro, o que significou unha nova victoria para o noso primeiro equipo que permite seguir invictas nesta segunda fase e pensar no derradeiro partido da tempada en 15 días de novo na casa, para cerrar unha gran segunda fase.

O partido comezaría cos xogadoras visitantes dominando e plantando un gran ritmo a base de triplas e un bo acerto en ataque, onde as nosas xogadoras intentaban que este acerto non fixera que se alonxaran no marcador, o que significou que no primeiro cuarto se chegara cun 15-22. O segundo cuarto foi claro dominador o noso equipo cunha defensa dura e contundente logrou parar o acerto do cuarto anterior das visitantes, cun parcial de 19-10, chegando a colocarse por diante o ao descanso cun axustado 34-32.

Na segunda metade, o noso equipo conseguiu alexarse máis se cabe no marcador, lográndolo primeiro no terceiro cuarto grazas ao bo xogo interior e a defensa, cun parcial de 16-12, o que reflexaba un 50-44 no luminoso. No derradeiro cuarto, as nosas xogadoras seguiron sen baixar a intensidade e un ritmo que non lograban seguir as locais, o que significou que a diferenza se incrementara mais entre ambos equipos, chegando a un gran parcial de 22-10 para o noso equipo. Así, o noso primeiro equipo lograría outra victoria máis nesta segunda fase regular, cun marcador final de 72-54 nun buen encontro disputado, antes de afrontar o derradeiro partido que cerrará esta tempada.

Calasancias (72): Mónica (3), María (-), Johana (2), Montse (22), Cris (10), Barri (2), Mar (13), Ester (6), Mery (12), Helena (2).
Pabellon Ourense (54)

Parciales: 15-22/19-10/16-12/22-10
Pol. Riazor (Coruña) 19:00

Domingo 17 de Abril 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario