sábado, 9 de abril de 2016

Derrota das Cadetes nun partido bronco, contra Culleredo





            42-49






Encontro disputado o Sábado a mañá as 12, no Colexio Calasancias. Pertencente o 3ª xornada da 2ª fase da Liga Regular Cor/ Ferrol.
O duelo era e seguirá sendo importante, xa que entre nós se decidirá a derradeira plaza que está en xogo para disputar a fase de Ascenso a Liga Galega.
Como nos anteriores encontros, entre estos equipos, o partido foi de máxima paixón, e moita intensidade, onde por segunda vez, a victoria decaeu para o conxunto de Culleredo.

As locais, tiñan a baixa de Paula, que volverá en breves, e Ucelay, que se perde toda a tempada.
 O encontro as locatarias, sairon a por todas, desplegando un bó xogo ofensivo, e unha boa defensa, no que conseguiu un parcial de 7-2, que fixo que Gonzalo Faya ( adestrador de Culleredo), pedise tempo morto para organizar as súas pupilas. Enseguida, volveron a poñerse a tiro, debido a intensidade do xogo imposta por ámbolos conxuntos, e acabaron o cuarto indo por diante, debido os erros forzados das locais, que non souperon atinar o aro, errando canastas sinxelas, e pola permisividade dos árbitros, que non estiveron de todo atinados na primeira metade, deixando xogar con dureza a ambos conxuntos, o que fixo que subise a tensión no pavillón.(11-12)
No segundo cuarto, unha tónica do mesmo, onde a intensidade do xogo, os erros a canasta, fixeron mella esta vez só o conxunto local, onde, só logramos atinar 9 puntos e tivemos moitos erros defensivos que facilitaron as canastras das visitantes, que conseguiron 19, indo o descanso do encontro cun marcador de 20-31.
A saida dos vestiarios, se mellorou en todos os aspectos, o xogo seguía ser intenso, e os árbitros está vez xa algo mais atinados castigaron con faltas o acoso do equipo contrario, o que nos favoreceu ir o tiro libre en 34 ocasions, pero non dimos atinado nada mais que 10 puntos. Ben na defensa imposta e proposta, pero en ataque, non había orde, e custábanos anotar, chegando o final do cuarto co parcial a favor pero insuficiente, (11-4) 31-35.
O derradeiro cuarto foi o mais intenso, viviase a emoción por que a distancia no electrónico non aumentaba, pero tampouco disminuia, e ate os derradeiros minutos non se dilucidaría quen podería gañar o encontro. Final, duro en con certa polémica pola intensidade, das visitantes, que fixo desesperación en algunha xogadora local, que chegou a cometer antideportiva, nos derradeiros segundos cando estábamos a 4 puntos. O final, diferencia de 7 que debemos remontar no partido da volta, para meternos nese oco que queda para acceder a Fase Ascenso a Liga Galega.

Calasancias 42: Sofia, Sara 4, Sandra, Patricia, Cris 9, María 9, Lucía 14, Berta 4, Noelia, Vicky.
Culleredo 49

1 comentario:

  1. Evidenciouse neste encontro a constatación de dúas formas diferentes de entender a formación base no deporte: por un lado un equipo basado na aprendizaxe dos conceptos colectivos e individuais do baloncesto dirixidos a mellorar a calidade humana e deportiva das rapazas e polo outro lado un equipo basado na aprendizaxe doutros "conceptos do baloncesto" dirixidos a gañar sexa como sexa.

    E no medio un equipo arbitral que non foi capaz de aplicar o regulamento para que a confrontación entre as dúas formacións fose xusta.

    ¿Cal é a mensaxe que debemos transmitir os pais, educadores e entrenadores as nosas rapazas?

    Eu penso que "esforzo, compromiso, respeto, aprendizaxe e xogo limpo", e así seguirei pensando e actuando, ainda que a miña rapaza me lembre o acontecido neste partido.

    Porque para min a formación e a educación da miña rapaza como persoa non debe estar marcada nin un solo segundo pola mensaxe "gañar sexa como sexa"

    ResponderEliminar