domingo, 10 de abril de 2016

O PRIMEIRO EQUIPO CONSEGUE UNHA VICTORIA TRABALLADA ANTE UN BÓ PORRIÑO NA SÚA CASA

Porriño Baloncesto Base - Calasancias (61-70)

2ª Fase A-2 1ª Autonómica Femenina (11 Jornada)

Partido disputado na mañá do domingo ás 12 horas na localidade pontevedresa de Porriño entre o equipo local Porriño e as nosas xogadoras de Calasancias correspondente coa segunda fase autonómica. Un encontro igualado no que o equipo local demostrou que na casa é un equipo difícil de batir cun bó xogo, pero que as nosas xogadoras souperon facer fronte e administrar a vantaxe conseguida unha vez por diante no marcador, algo indispensable fai uns meses, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguiu outra nova victoria nesta segunda fase regular no derradeiro desprazamento do equipo nesta tempada.

O partido comezaría cun primeiro cuarto onde o equipo local saiu mellor de cara ao aro que as nosas xogadoras, que non estiveron moi acertadas en momentos do ataque, chegando ao remate do mesmo cun 14-9. No segundo cuarto, as nosas xogadoras sairon moito mellor tanto en ataque como en defensa, isto viúse reflexado xa que as nosas xogadoras conseguiron darlle a volta ao marcador cun parcial de 17-23, chegando ao descanso cun axustado 31-32, sen embargo as nosas xogadoras podían dar un plus máis tanto en defensa como en ataque.

Na segunda metade, viúse reflexado isto último mencionado, onde as nosas xogadoras estiveron moito mellor en ataque e cunha gran e afixiante defensa ante a que o equipo local non lograba facer fronte, o que fixo que aumentará máis a distancia entre ambos equipos cun parcial de 12-18, ao remate do cuarto cun 43-50. O derradeiro cuarto estivo igualado, pero as nosas xogadoras aguantaron os esforzos que facían as visitantes para acercarse no marcador. Así, o noso primeiro equipo lograría outra victoria moi traballada ante un gran equipo local que nunca tirou a toalla no marcador, cun marcador final de 61-70 no remate do encontro.

Porriño  Baloncesto Base (61)
Calasancias (70): Mónica (7), Helena (-), Montse (28), Cris (10), Barri (8), Mar (4), Ester (-), María (2), Mery (11), Joana (-).


Parciales: 14-9/17-23/12-18/18-20
Pol. Porriño 2 (Porriño) 12:00

Domingo 11 de Abril 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario