luns, 4 de abril de 2016

PARTIDAZO E GRAN VICTORIA DAS XUVENÍS PARA CERRAR A FASE REGULAR EN CARBALLO

EB Xiria-Laracha – Calasancias (24 – 67)

2ª Fase A-1 Junior Femenina (10 Jornada)

Partido correspondente a última xornada da segunda fase da segunda división xuvenil femenina disputado na mañá do sábado ás 12 horas, na localidade coruñesa de Carballo entre o equipo local EB Xiria-Laracha fronte o noso xuvenil de Calasancias, un partido que só tivo un equipo na pista e que ofreceu un gran espectáculo durante os cuarenta minutos, o noso xuvenil. Un encontro no que chagábamos con moitas gañas de poder rematar a segunda fase cunha victoria e que sobre todo queríamos vengarnos do sufrido no partido de ida, que non poidemos disputar finalmente, algo que serviu como alicente e que as nosas xogadoras sairán con ganas e unha actitud moi diferente a outros encontros.

O encontro comezaría cun gran primer cuarto do noso equipo, que mediante unha gran e intensa línea defensiva unido a un gran xogo en ataque, fixo que o equipo local só logrará 1 punto, co que o marcador reflexará un 1-16 para Calasancias. O segundo cuarto seguiu a mesma tónica entre ambos equipos, onde o noso equipo conseguiu aumentar ainda máis a súa vantaxe atá chegar ao descanso cun gran 7-33 no marcador.

Na segunda metade, o encontro seguiu a mesma dinámica, xa que o noso equipo estivo concentrado e cunha defensa agobiante e impresionante, parando o ataque das visitantes, ao final do terceiro cuarto cun resultado de 16-49. No derradeiro cuarto, ás nosas chicas non se vinieron abaixo nin anímicamente e nin psicolóxicamente, ó que propiciou de novo esa intensa e afixiante defensa, esas ganas de gañar e mellorar como equipo, en consecuencia finalmente lograron a tan ansiada primeira victoria nesta segunda fase regular por 24-67. Gran partido de Calasancias, que demostra a enorme mellora do equipo dende o comezo da tempada ata agora e acada unha victoria traballada deixando unha gran imaxe neste último encontro da fase regular.

EB Xiria-Laracha (24):
Calasancias (67): Bea (-), María (-), Dayana (11), Fandi (12), María (15), Isa (1), Sofía (3), Vicky (4), Helena (21).

Parciales: 1-16/6-17/9-16/8-18
Pol. Bergantiños (Carballo) 12:00

Sábado 2 Abril 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario