domingo, 24 de abril de 2016

A RAPAZA QUE SOÑABA CON UN MISTO E UN BIDON DE GASOLINA...

Longo título de Stieg Larsson para unha novela, pero tamén longo sería o titulo da crónica do encontro, que non tivo outra cousa que a nova derrota das cadetes femininas, a man de o mellor conxunto da liga, Maristas.
Viñamos con baixas mil, practicamente todo o equipo, ( Sara, María, Cristina, Patricia, Sandra) por motivos de escursións de fin de curso, convivencias, etc... polo que só nos presentabamos 6 xogadoras para tal encontro, ante tal potente conxunto. Elas tamén aparecian con a baixa de Laura Cruz, que tería que xogar co conxunto de liga galega de Maristas, pero a calidade de Marista non mermou, xa que seguian tendo a Marina, Couce, Gorostizu, e Laura Román entre outras.

O encontro comezaria puntual as 12:00 do Sábado no Colexio Calasancias, coa presencia de pais na grada, por parte dos dous conxuntos, e moitas caras conocidas xa que alguns eran ex-membros da entidade Calasancia. Os saudos, abrazos, destacaban na grada, recordando vellos tempos nos que quizais como dixo Jorge Manrique " Calquer tempo pasado foi mellor", ainda que algúns querrian decir, Calquer tempo pasado foi anterior. 

Voltantando o que de verdade importa, que son as rapazas e o encontro, deciamos que as locatarias, estaban represantadas por 6 xogadoras, das cales algunha regresaba de un tempo parada por unha lesión, e outra por a volta desas escursións que mal ben ditas, sofre este conxunto. As representantes eran: Berta, Noelia, Vicky, Sofía , Lucía, e Paula. Estas xogarian o encontro loitando pola honra, que dende logo a gañaron, como se rexurdera o espirito da nosa heroiña Herculina, María Mayor Fernández de Cámara y Pita ( María Pita para los no tan versados en historia).

Que mais dá, realmente como foi os cuartos, cantos puntos se meteron, estadísticas, parciais, e cantas faltas cometemos ou nos fixeron, o importante realmente, e que esas 6 xogadoras, con permiso de Maristas (que xogou canso, debido a que todas as xogadoras o dia anterior, tiveron doble encontro en Lugo e A Coruña) fixeron vibrar de emoción, e encher de esperanzas tanto a grada local, como o conxunto enteiro de que se pode mellorar con esforzo, que o esforzo merece a pena, que se pode gañar perdendo, de que sen sufrimento non hai recompensa, e o mais importante que o traballo en equipo, pode superar calquer improvisto... todo iso, debe de servirnos de exemplo para o derradeiro encontro, no que nos xogamos estar arriba coa mellores e mellorar, ou abaixo en terra de ninguén...

Para a semana, posiblemente o domingo, xogaremos o derradeiro encontro de esta fase, onde necesitamos gañar por mais de 7 puntos, se queremos meternos na fase de ascenso a liga galega...
Debido as baixas polas escursións, vai ser un partido complicado, xa que según salgan do avión, terán que enfrentarse o encontro mais importante da tempada..... Sorte....

P.D.- Calasancias 33- Maristas 41

Ningún comentario:

Publicar un comentario