luns, 18 de abril de 2016

AS JUNIORS INTENTARON DAR A SORPRESA, PERO NON PODEN FINALMENTE ANTE O GRAN FAVORITO DO GRUPO

Calasancias - Star Center Galicia (46 - 66)

Fase de Ascenso Norte 2ª Junior Femenina (1 Jornada)

Partido disputado o sábado ás 12 horas na polideportiva de Riazor entre Calasancias e Star Center Galicia. Un encontro que mandou dende o comezo ata o final o equipo visitante, debido ao gran dominio do xogo nos dous primeiros cuartos, no que a ventaxe sacada polas visitantes foi derterminante para que lograrán a victoria fronte as nosas xogadoras.

O partido comezaría coas visitantes demostrando a súa calidades e o por qué de ser as grandes favoritas do grupo e unido a un gran acerto en ataque, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun 8-16. No segundo cuarto, resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, cun parcial similar que deixaba as nosas xogadoras nunha mala situación de cara a segunda metade, reflexado no parcial do cuarto dun 12-20, chegando ao descanso cun marcador de 20-36.

Na segunda metade, as nosas xuvenís intentaron meterse no encontro e acercarse pouco a pouco as visitantes, pero estas controlaron moi ben a renta conseguida na primeira metade, isto víuse reflexado no parcial deste tercer cuarto 11-13, cun marcador de 31-49. No derradeiro cuarto, as nosas xuvenís fixeron uns tres minutos máxicos tanto en ataque como en defensa que as situaban a 8 puntos das visitantes, pero finalmente as visitantes controlaron a ventaxe conseguida e incluso nos derradeiros minutos do cuarto volveu a aumentar a mesma para que o marcador final reflexara a súa victoria. O resultado final do partido foi dun 46-66 para Star Center Galicia, que deixa o equipo xuvenil sen poder poder dar a sorpresa neste primeiro partido de fase de ascenso.

Calasancias (46): Bea (-), Dayana (1), Fandi (12), María (9), Isa (-), Sofi (5), Helena (9), Clara (10)
Star Center Ferrol (66)

Parciales: 8-16/12-20/11-13/15-17/
Pol. Riazor (Coruña) 12:00

Sábado 16 de Abril de 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario