luns, 4 de abril de 2016

VICTORIA EN OURENSE, E PERMANENCIA MATEMÁTICA

Codigalco Carmelitas – Calasancias (45 – 53)

2ª Fase A-2 1ª Autonómica Femenina (10 Jornada)

Encontro correspondente a décima xornada da segunda fase da primeira autonómica femenina, disputado o domingo na cidade de Ourense ás 20 horas entre o equipo local Codigaldo Carmelitas fronte a Calasancias. O encontro foi dominado de principio a fin polo equipo visitante, aínda que non cunha gran ventaxe pero sí controlando e dominando o encontro, que a pesar dos esforzos do equipo local, sobre todo no terceiro cuarto, o noso primeiro equipo segue encontrándose coa victoria nesta segunda fase, onde conta todos os partidos como victorias.
Na primeira metade víuse ao noso equipo moi metido e concentrado no encontro, cun gran xogo interior e unha defensa que puxo en moitas dificultades ás locais, que no encontraban o seu ritmo de xogo, chegando ao descanso cunha lixera ventaxe das nosas xogadoras de 22-30. Tras o paso polos vestiarios, o tercer cuarto nos mostraba que o equipo local quería meterse no encontro, unido a que o noso equipo era incapaz de anotar, con moitos tiros exteriores errados e pola falta de físico, aínda que o final seguíamos por diante no marcador cun  33-36, tocaba sufrir.
Sen embargo, no derradeiro cuarto, o noso equipo soupo manterse tranquilo e centrado tanto en defensa como en ataque, cun alto ritmo de xogo e sobrepoñéndose ao cansancio acumulado, o que supuxo unha victoria vital para lograr de maneira matemática a permanenza na categoría, cun resultado final de 45-53,  certificando unha nova victoria, a terceira seguida nesta segunda fase da temporada. Unha primeira volta impecable do equipo, todo con victorias e mellorando día a día, non se parece en nada ao equipo de fai uns meses.


CB Burela (45):
Calasancias (53): Mónica (5), Montse (20), Joana (1), Cris (17), Mar (6), Ester (-), María (-), Fandi (-), Mery (4).

Parciales: 11-16/11-14/11-6/12-17
Pol. Vedruna (Ourense) 20:00

Sábado 2 Abril 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario