martes, 2 de febreiro de 2016

AS JUNIOR NON PODEN ANTE A VELOCIDADE DAS XOGADORAS LOCAIS

Costa Artabra – Calasancias (73 – 40)

2ª Fase A-1 Xunior Femenina (3 Jornada)

Tocou erguerse cedo na mañá do domingo para presenciar o encontro das xuniors de Calasancias, fronte Costa Artabra, na localidade de Ferrol ás 10 horas. O encontró foi dominado todo o tempo polo equipo local no marcador grazas a sús velocidade no ataque, que as nosas xogadoras non souperon parar, ademáis da fráxil defensa proposta polas nosas xuniors.

O encontro comezaría cun equipo local moi concentrado, intenso e sabendo que a súa velocidade era a súa principal arma e ventaxe, chegando ao final do mesmo cun 19-7 no marcador. No segundo cuarto, as nosas defenderon algo mellor, o que supuxo que recortarán algo a distancia no marcador cun 9-11 de parcial, chegando cun resultado de 28-18 ao descanso.

Na segunda metade, o equipo visitante intentou meterse no encontró, pero as locais cun alto ritmo de xogo, unido a baixada de intensidade defensiva das visitantes e un ataque lento e parado contra a defensa local. Finalmente, as locais aumentaron a vantaxe no marcador. O resultado final foi 73-40, para Costa Artabra. As nosas xuvenís seguen buscando a súa primeira victoria nesta segunda fase.

Costa Artabra (73)
Calasancias (40): Bea, María, Dayana (2), Fandi (12), María (12), Isa, Sofía (4), Helena (6), Clara (4).

Parciales: 19-7/9-11/18-12/27-10
Pav. Municipal Esteiro (Ferrol) 10:00

Domingo 31 de Xaneiro 2016

Ningún comentario:

Publicar un comentario