sábado, 23 de xaneiro de 2016

O Final deberá de esperar.... Cadete Feminino suspendido a falta de 12 minutos...

Grande encontro iase ver no Sábado a mañá na localidade de Carballo, entre o conxunto local, Artai, e as nosas Calasancias do cadete feminino.
O encontro prometia, xa que os dous conxuntos disputaban as primeiras plazas en xogo para a seguinte fase. Antes do encontro, ambolos conxuntos, reunianse na pista para animar a xogadora Local Lola Alonso, que sufriu unha grave lesión, e o Calasancias sumouse as poxas de ánimo, para a súa pronta recuperación, portando unhas camisetas feitas para tal encontro, dandolle a Capitana do conxunto de Artai, unha camiseta personalizada e firmada de todas/os integrantes do conxunto de Calasancias.


Dende o ADCalasancias desexamos unha pronta recuperación de Lola Alonso e que regrese cedo as pistas para disfrutar o seu xogo.


En canto o encontro, decir que foi un partidio trepidante e disputado polos ambolos conxuntos onde a alternancia no marcador fixo un partido interesante. O primeiro cuarto foi para as locais co resultado de 16-14. O segundo cuarto as defesnas predominaron, e ámbolos conxuntos estiveron moi intensas, pero un mellor acerto das Calasancias fixo que o segudo cuarto fose para nos, co resultado de 7-15,( 23-29 o descanso).
A volta do descanso a pista púxose en peor estado, debido a humidade e xogouse ate que quedaban 2:16 deixando o marcador de momento nun 35-43 para as Calasancias. O encontro deberá reanudarse, outro dia coas mesmas xogadoras que estaban disputando o encontro, e os minutos que restan para a súa finalización.

O Final deberá de esperar....

Ningún comentario:

Publicar un comentario