domingo, 31 de xaneiro de 2016

Victoria das Cadetes Feminias na Pista do Maristas

"En igualdade de condicións, a explicación mais sinxela soe ser a mais probable" principio de parsimonia(lex parsimoniae), principio metodolóxico e filosófico atribuido ao monxe franciscano, filosófico e lóxico escolastico Guillermo de Ockham.
Isto implica que, cando as teorías en igualdade de condicions teñen as mesmas consecuencias, a teoría mais simple ten mais probabilidades de ser correcta que a complexa.
Pois nos, optamos pola complexa. Temos pracer por facer as cousas complicadas, xa o que fácil non debe de ter mérito, como di algunha das rapazas, " senón o faria todo o mundo".
O que semellaba un encontro sinxelo, vendo o resutado do encontro disputado na primeira volta, (victoria por mais de 30 puntos), antoxábase un partido similar, onde as menos habituais terian mais minutos, sobre todo para coller confianza para futuras ocasións. Pero como o sinxelo, non gusta por estos lares, preferimos complicarnos a vida, e relaxarnos durante moita parte do encontro, onde sempre están as mesmas para tirar do carro.
Aplicando o principio de parsimonia, este resumo do encontro vai ser breve, como di Ana Pastor," nos poñemos os datos, e vostedes sacan as conclusións":
O primeiro cuarto, victoria para Maristas 19-11, o segundo cuarto 9-11, chegando o descanso cun 28-22.
Segunda metade comezou case como a primeira, mellorando o final do cuarto e maquillando o resultado, terceiro cuarto 9-16(37-38). Só o derradeiro cuarto, foi cando o conxunto deu sensación do que realmente e capaz de facer, de defender e xogar ben cun parcial de 4-18( resultado final 41-59).
Un resutlado abultado, pero que non reflicte o que aconteceu no Maristas o Sábado a mañá, onde o conxunto Local, xogou con mais gañas, mais intensidade, e onde pasou gran parte do encontro por enriba no electrónico, e que non deron aguantado o ritmo de xogo, e acabaron sucumbindo no derradeiro cuarto. Felicitar dende aqui a Maristas, polo encontro disputado, e por poñer contra as cordas as rapazas dando unha lección de motivación e de que non hai RIVAL PEQUENO.

Maristas 41
Calasancias 59: Paula 20, Berta 19, Cris 7, Lucía 6, Vicky 3, Sara 2, Sandra 2, Noelia, Patricia, Sofía.


Ningún comentario:

Publicar un comentario