mércores, 16 de decembro de 2015

Victoria das cadetes no derby dos Rosales

Despois do ano pasado, coas infantiles, non se deu un derby postal nunca na categoria de Cadete feminino, e este sábado foi o día, que tivo lugar no pavillón dos Rosales as 12:00 da maña. 
O equipo presentabase coas baixas das anotadoras do equipo, pero ainda que non xogaron estiveron animando na grada, como se fose una mais.
O encontro comezou, de contado ao noso favor, cun parcial rápido de 2-17 para nós, e a partir de ahí, cambiou o conto, a defensa deixou de ser intensa, e o ataque sin movilidade, cun xogo apático e desordeado que deu folgos o equipo locatario, para achegarse a poucos puntos no marcador no segundo cuarto, e ver que ainda habia partido e que tiñan moito que decir, chegando o descanso (16-29).
A volta dos vestiarios, volvemos a coller o caracter que perdimos no último cuarto e parte do primeiro, volvendo a poñer terra de por medio, pero o remate do cuarto volvemos a as andadas e vivindo do feito anterior, puidendo facer un parcial mais amplo, chegou o outro conxunto a anotar 7 canastas, no final do cuarto deixando o parcial nun 7-19.
Co encontro asi, as xogadoras baixaron a intensidade, e o cansancio comezou a xurdir nas xogadoras, que acusaron os picos de intensidade que fixeron en vez de continuidade, e este cuarto foi o cuarto das locais onde chegaron a gañalo cun parcial de 16-10.

C.D. Los Rosales 39 Calasancias 58
parciales; (7-19/9-10/7-19/16-10)

En breve os highlighs

Ningún comentario:

Publicar un comentario