mércores, 30 de decembro de 2015

Torneo Ensino Lugo. Grandiosa Experiencia



No último fin de semana, xogamos o que serian, os derradeiros minutos do ano 2015, no torneo de Nadal que fixo o Clube PortaXI Ensino de Lugo, e que fumos gratamente invitados e no que foi dende logo unha gran experiencia para as xogadoras Cadetes do Clube.

Tivemos a oportunidade de xogar contra grandes equipos da comunidade veciña de Castela-León, asi como o Xuventude de Cambados da nosa comunidade, no que  a convivencia e o nivel de baloncesto xogado nese torneo, fixo que fose un grande Torneo a ter en conta nas datas de Nadal.

O Primerio encontro disputamolo, as 19:30 contra o equipo Castelano-leonés de BFLeón, un conxunto que xoga a división Autonómica de Castela-León. As nosas, non llo puxeron fácil as leonesas, e disputaron o encontro ate o final, pero o nivel das xogadoras de Castela e Léon foi determinante para que o encontro caera das máns delas, co resultado de 59-34


O segundo encontro o disputamos, o dia seguinte, as 11:00 da mañá, contra un conxunto da nosa comunidade, pero de outra liga superior, o conxunto era o Xuventude de Cambados. Co cansancio acumulado do encontro do dia anterior tan tarde, xogabamos relativamente cedo, e o xuven xogaba o seu primeiro encontro do torneo polo que chegaba fresco, e impoñia o seu ritmo alto de xogo, no que as rapazas aguantaron o que puideron, pero disputando o duelo e poñendo as cousas dificiles para as cambadesas, nas que o maior acerto exterior fixo que se fosen nun abultado marcador de 74-47 para as das Rias Baixas.

Xa no derradeiro encontro, volviamos xogar a primeira hora da tarde, e coa comida ainda baixando pola gorxa, xogariamos o derradeiro encontro contra outro equipo de Castela e León, o Colexio Leonés, un conxunto que tivo mais tempo de descanso e iso notouse na pista a hora do encontro. Un encontro que o cansancio fixo mella nas rapazas, no que chegamos gañando o primeiro cuarto e o segundo se nos fixo eterno, no que as rapazas, so puideron dar o mellor de elas para que o resultado non fose moi abultado. 68-39.
Pola nosa parte, dar gracias o Ensino de Lugo, pola invitación o torneo, e sorte para futuras edicions, nas que sen dúbida que as nosas rapazas querran repetir experiencia.
Mostrando IMG_4349.JPG



Dar gracias sobre todo, os afeccionados pais que se achegaron a Lugo e compartiron a experiencia como se fosen un mais do equipo, animando en todos os encontros, e colaborando para que todo fose a pedir de boca.
Dar gracias tamén a Critobal Fojo por cedernos as instantaneas do acontecemento.

Saudos a Todos e Feliz entrada e salida de Ano.!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario