mércores, 9 de decembro de 2015

DERROTA DO PRIMER O EQUIPO EN FERROL NUN ENCONTRO APAIXOANTE

Star Center Ferrol - Calasancias (53 - 49)

1ª Autonómica Femenina (6 Jornada)

Partido disputado no día festivo de onte ás 20 horas na localidade de Ferrol entre Star Center Ferrol e Calasancias. Un encontro vibrante e longo que non se soupo ó gañador ata o final despois de dous prórrogas, onde o noso primeiro equipo intentou acadar a primeira victoria da tempada que aínda se resiste, xa que finalmente o equipo visitante logrou alzarse coa mesma.
O partido comezaría con pouco acerto de cara o aro por ambos equipos, isto víuse reflexado no marcador final deste primeiro cuarto cun escaso 9-2. No segundo cuarto, máis o menos resoltou ser a mesma tónica que no anterior cuarto, aínda que o equipo visitante acadaría tres puntos máis, reflexado no parcial do cuarto dun 9-5, chegando ao descanso cun marcador de 18-7.
Na segunda metade, o encontro comezou con máis puntos que na primeira metade, onde o equipo visitante intentou achegarse no marcador, conseguindoo no último cuarto de partido, cando comezaron a facer os seus mellores minutos do partido, gracias a unha gran defensa que fixo unha e outra vez que o equipo local non anotase case puntos, chegando ao final cun igualado 40-40, polo tanto íbamos á prórroga. Na primeira prórroga, as defensas de ambos equipos se impuxeron os ataques, debido a que só se anotaron 3 puntos por cada equipo, o que ocasionaba outra segunda prórroga. Na derradeira prórroga, o equipo local tivo algo máis de acerto de cara ao aro, o que supuxo que acadasen finalmente coa victoria. O resultado final do encotro foi dun 53-49 para Star Center Ferrol, que deixa o equipo de Calansacias sen poder saborear a súa primeira victoria na fase regular.

Star Center Ferrol (53): Yáñez (2), Domínguez (10), Manivesa (10), Varela (3), García (-), Cerrato (3), Cuiña (8), Tenreiro (3), Pérez (-), Vázquez (8), Tatuelo (6).
Calasancias (49): Mónica (9), Malpica (-), Montse (12), María (2), Cris (6), Barri (5), Mar (-), Mery (14), Fandi (1).

Parciales: 9-2/9-5/17-18/5-15/3-3/10-6

Pol. Esteiro (Ferrol) 20:00 Martes 8 de Diciembre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario