luns, 21 de decembro de 2015

Peche de primeira fase do Cadete con Victoria ante Santa Maria del Mar

Encontro disputado en horario de tarde no Colexio Calasancias, as 18:00, tarde desapacible no exterior pero agradable no interior do pavillón da Escola, e sobre todo o ver o encontro que iamos disputar.
Comezo frenético por ámbolos dous conxuntos onde o Santa Maria do Mar aguantou as envestidas das Calasancias no primeiro cuarto. Despois do anterior encontro, as locais ian con gañas a xogar para enmendar os erros cometidos contra o colista, e sairon a por todas dende os primeiros minutos , pero descoidando un pouco a defensa no que as visitantes, conseguiron a súa mellor anotación por cuarto do encontro con 14 puntos. O encontro parecia aberto e disputado xa que se chegou o final do cuarto 22-14, deixando todo aberto.
No segundo cuarto, as visitantes no aguantaron o ritmo imposto por o equipo locatario e o encontro rompeuse a favor das locais, no que non baixaron o ritmo e mantiveron o seu ritmo de anotación chegando a 20 puntos e deixando as visitantes so a 4 puntos, no que os erros visitantes e a incómoda defensa pantexada por o conxunto local, deu os seus froitos, para alonxarnos no electrónico.
A saida do descanso a tónica foi a mesma, ca no 2ª cuarto, onde as locais non baixaron o ritmo, e as visitanes xa moi mermadas fisicamente aguantaron o que puideron para non levar un marcador mais amplo do que xa levaban.

Calasancias 79: Sofia, Sara(8), Sandra(4), Cris(2), Maria(16), Lucia(10), Berta(7), Paula(22), Noelia, Vicky Carreira(10)
Santa Maria del Mar 30: Martinez(4), Santiago(6), Benito(2),Aguirrezabalaga(16), De la Colina(2), Araujo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario