luns, 21 de decembro de 2015

O EQUIPO XUVENIL FINALIZA A FASE REGULAR CUNHA GRAN VICTORIA SOBRE BETANZOS

Calasancias – Santo Domingo Betanzos (63 – 30)

2ª Junior Femenina (9 Jornada)

Na mañá  do sábado 19 de diciembre ás 12 horas, disputóuse a novena xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra Santo Domingo Betanzos. Este encontro significou o derradeiro da fase regular para o equipo xuvenil, que comezou cun primeiro cuarto igualado entre os dous equipos, onde o equipo visitante poido aguantar o ritmo que impoñía o noso equipo local, finalizando o cuarto 15-10 de parcial para as locais. No segundo cuarto da primeira metade, as locais mantiveron o seu ritmo de xogo ofensivamente e defensivamente, pola súa banda as visitantes desapareceron en este cuarto, tal e como reflexa o parcial de 16-2, provocando que as nosas chicas escapáronse no marcador cun resultado ao descanso 31-12.

Tras o paso polos vestiarios, o encontro seguiu pola misma tónica, cunhas locais centradas que aínda incrementarían máis a vantaxe no marcador, cun parcial de 18-8 situándose ó marcador nun desequilibrado 49-20. Finalmente, no derradeiro cuarto ó equipo local conseguiu manter esta gran vantaxe no marcador, conseguindo a victoria, despedídonse cun bó sabor de boca da fase regular e un gran traballo colectivo para finalizar o ano. O resultado final do encontró foi 63-30 para ás locais, certificándose así a victoria das nosas xuvenís de Calasancias no seu último partido desta fase regular.

Calasancias (63): Bea (-), Dayana (6),  Fandi (16), María (7), Paula (5), Isa (-), Sofia (5), Vicky (-), Helena (12), Clara (12).

Santo Domingo Betanzos (30): García (-), Otero (6), Nogueira (4), Feijo (-), López, I (-), López, I (4), Vázquez, C (2), Bosch (8), Cabiao (-), Vázquez, R (2), Santalla (4).

Parciales: 15-10/16-2/18-8/14-10
Pol. Riazor (Coruña) 12:00

Sábado 19 Diciembre. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario