luns, 21 de decembro de 2015

O PRIMER EQUIPO CONSEGUE A SÚA SEGUNDA VICTORIA ANTE UNHA GRAN EXPECTACIÓN NO GRAN DÍA DO CLUBE

Calasancias – Neumáticos Sarria (54-46)

1ª Autonómica Femenina (8 Jornada)

Partido disputado na tarde de onte ás 19 horas na polideportiva Riazor entre Calasancias e Neumáticos Sarria. Un encontro que significou unha gran festa no día de celebración do clube, onde todas as categorías presenciaron a gran victoria do noso primeiro equipo, que dominou todo o tempo ao equipo visitante no marcador, ó que significou que o noso primeiro equipo conseguirá a súa segunda victoria nesta fase regular.
O partido comezaría cun primeiro cuarto igualado, onde o equipo local impoñia o seu xogo interior e o equipo visitante tiña un bó acerto no tiro, chegando ao remate do mesmo cun 11-10. No segundo cuarto, o equipo local deu un golpe sobre a mesa escapándose no marcador cun parcial de 17-7, chegándose ao descanso cun 28-17.
Na segunda metade, o equipo visitante intentou acercarse no marcador, pero o equipo local mantívose centrado e acertado ofensivamente, polo que neste cuarto a diferenza entre ambos equipos non variou, tal e cómo reflicte o parcial deste cuarto cun 14-14, deixando un resultado de 42-31. No derradeiro cuarto, a vantaxe obtida polo noso primeiro equipo no segundo cuarto, foi suficiente para non pasar moitos apuros nos minutos finais do encontro. Así, o noso primeiro equipo lograría a súa segunda victoria na fase regular, cun marcador final de 54-46 no remate do encontro ante unha gran expectación e animación por parte da afección.


Calasancias (54): Mónica (12), Malpica (-), Helena (-), Fandi (-), Montse (-), Marta (11), Cris (12), Barri (4), Mar (-), María (2), Mery (13), Johana (-).
Neumáticos Sarria (46): López, L (6), Naranjo (-), Nuñez (-), Mariño (8), Puente (5), Somoza (8), Gallego (2), López, C (-), Rey (-), Souto (6), Fernández (11), Lombardía (-).

Parciales: 11-10/17-7/14-14/12-15
Pol. Riazor (A Coruña) 19:00

Domingo 20 de Diciembre.

Ningún comentario:

Publicar un comentario