luns, 14 de decembro de 2015

Victoria do Junior

Vou vos contar o que fai a vida, o baloncesto e o deporte tan interesante,( que non estresante, como decía Manquiña en Airbag). A teoría da evolución afirma que: “ os mais fortes sobreviven”. Pode ser, quizáis…pero a teoría da competición di: “ que por ser mais fortes, non significa que non se lles poda derrotar. Eu digo: “O outro equipo pode ser favorito, ter as probabilidades na nosa contra, e asi é. Pero o que as probabilidades non saben, e que esto, non é un exame de matemáticas. Esto é unha proba completamente diferente, onde a paixón ten unha forma curiosa de superar a lóxica, asi que , antes de darmos o paso de entrar na pista, de facer o quencemento, de que soe a bocina e o reloxo comezase a correr, recordamos que os resultados anteriores non sempre contan, non importa o que a estadística diga, o que os afeccionados pensen, os expertos falen, o que se pronostique antes do encontro, por que unha vez que comece a andar o reloxo, as apostas non contan. Non debemos de sorprendernos por darlle a volta a estadística, de rachar a imbatibilidade das contrarias, de non rendirse, por que como di o refrán, Todos temos a nosa oportunidade.
Viaxe longo e tardío, nunha tarde desapacible no camino a Cee, chegando ao pavillón da Escola de Cee coa noite caendo, coma os partidos da xornada das grandes citas deportivas, que podemos ver nas canles televisivas, pero sen os siareiros esperando na porta do pavillón ou estadio dando os últimos folgos para o encontro. Esos folgos veñen dos que nos acompañan a tantos viaxes pola xeografía galega, especialmente a norte. Chegamos coa baixa de ultima hora de Dayana, e coa axuda de duas Cadetes debutantes na categoría, como Maria Veiga e Lucía Rodriguez, e a cadete habitual como é Vicky Gonzalez.
En canto o encontro, despois de tanta poesía, decir que foi competido ate o final, e cun final de infarto como ocorreu no encontro da ida, onde o equipo local tivo na súa man, poder empatar ou incluso gañar o encontro.
As rapazas sairon no primeiro cuarto, un poco despistadas e frouxas defensivamente, onde os axustes defensivos, e a calidade individual de certas xogadoras locais, conseguían responder as nosas canstras. O cambio de actitude e da defensa propiciou que as locais non tiraran cómodas en ningún intre do encontro e que mentivesemos e ampliásemos a ventaxa no segundo cuarto, pero sen lograr, marchares no marcador con diferencia suficiente coma para estar tranquilas.(18-26)
A volta dos vestiarios, as locais sairon coa intención de recuperar rápido o encontro e poñerse diante, todo eso gracias a unha boa defensa que nos dificultou poder anotar, de feito, so anotamos 4 puntos, e para iso, foi nos últimos 2 minutos. No derradeiro cuarto, as defensas predominaron nos dous conxuntos, onde os fallos nos pases, e o pouco acerto fixo, que o encontro non se decidira ate os últimos 56seg onde fomos por detrás do marcador e logramos poñernos por diante por un punto(39-40), e volvendo a recuperar o balón para ir os tiros libres a falta de 8 seg. Nesos tiros libres, Maria Fraga anotou o primeiro, e errou o segundo. Loitouse polo rebote, pero quedou nas mans das locais, que o final non conseguiron anotar.
Victoria das Rapazas, que seguen con aspiración no grupo ainda que xa non dependendo só de nos, senón do que fagan os demáis conxuntos que están na poxa polos postos de arriba.
ACB Costa da Morte 39: Casais(7), Pazos(8), Castro(5), Lucía(9), Agulleiro(-), Lorena(10), Atan, Súarez ,Romero, Oca.

Calasancias 41: Bea(-), María Veiga(11), Fandi(13), María Fraga(7), Isa, Lucía Rodriguez, Vicky González , Sofía(6), Helena(2), Clara(2).

Ningún comentario:

Publicar un comentario