luns, 23 de novembro de 2015

O PRIMER EQUIPO SEGUE SIN PODER GAÑAR NA FASE REGULAR

CB Burela – Calasancias (61 – 55)

1ª Autonómica Femenina (4 Jornada)

Encontro correspondente a cuarta xornada da primeira autonómica femenina disputado o domingo na localidade lucense de Burela ás 17 horas entre o equipo local CB Burela fronte ao Calasancias. O encontro foi dominado de principio a fin polo equipo local, aínda que pasaron algúns apuros ao final do encontro, que a pesar dos esforzos no último cuarto, o equipo visitante segue sin encontrar coa tecla gañadora e sen poder conseguir a primeira victoria nesta fase regular.

Na primeira metade xa se viu reflexado que o equipo local tiña maior ritmo e ás ideas más claras para este encontro, cun gran ataque e xogo tanto exterior como interior e unha defensa que puxo en dificultades ao equipo visitante, chegando ao descanso cunha gran ventaxe de 29-16. Tras o paso polos vestiarios, o tercer cuarto nos mostraba que o partido seguía na mesma tónica, cun equipo visitante incapaz de merterse no partido aínda que o intentaba cun cambio táctico defensivo, isto viúse reflexado no marcador cun 45-30. Polo contrario, no derradeiro cuarto, o equipo visitante soupo conseguir ese ritmo de xogo que necesitaba para poder meterse no partido, aínda que o lastre levado desde o principio do encontro, supuxo unha losa grande de recuperar e o final se quedaron sen tempo para poder darlle a volta ao partido.

Finalmente o equipo local soupo aguantar o arreón final de Calasancias, chegando ao final cun 61-55 no marcador, certificando a terceira derrota seguida da temporada para o noso primeiro equipo autonómico.
CB Burela (61): Cardoso (2), Alonso (9), Fernández (10), Paz (-), Cifuentes (12), Vázquez (10), Moreira (14), Díaz (1), García (4).
Calasancias (55): Mónica (9), Malpica (2), Sheila (-), Montse (15), Ali (7), Cris (7), Barri (15), Mar (-), Ester (-).

Parciales: 17-11/12-5/16-14/16-25
Pav. Vista Alegre (Burela) 17:00

Ningún comentario:

Publicar un comentario