domingo, 8 de novembro de 2015

Victoria das cadetes en Carballo

Partido disputado o Sábado as 16:00 no Zona Escolar de Carballo, correspondente a 2ª Xornada Grupo A (Coruña).
EB Xiria Laracha 27- Calasancias 53

A pesares da victoria en terras de Bergantiños, non puidemos ver un bó xogo por parte das nosas xogadoras. Faltas de concentración e de intensidade.
 A ponte de Todos os Santos non nos fixo ben, e a pouca continuidade nos adestramentos, ben por lesións, enfermidades, ou causas externas, non logramos facer uns bós adestramentos, e se veu reflexado no partido.

A pesares da superioridade do equipo repecto as locais, non fixemos o partido que debíamos de facer, non estivemos serias na pista, con falta de intensidade tanto no ataque, moi pasivas, como no apartado defensivo, faltas de intensidade. O xogo cheo de erros, que as locais aproveitaron en moitas ocasións,  e a nosa pasividade en ataque, facíanos apáticas. Salientar que en certos momentos, puidemos ver a luz no túnel e vimos certos refachos de bó xogo, que foi o que nos fixo ter o marcador a o noso favor. Deste partido, salientar o debut no baloncesto de Sofía Martinez que disputou os seus primeiros minutos como xogadora de Baloncesto e coas cores do Calasancias.

Felicitar dende aquí, as pupilas de Hector Añon, ( adestrador de Xiria), polo partido feito, e polo coraxe realizado durante todo o partido, no que en ningún momento deron o partido por perdido, e sorprendéndonos sacando a luz, as nosas carencias, das que sen dúbida aprenderemos.

E.B. Xiria Laracha: Calviño (-), Fraga(-), Castro(-), Varela(11), Casal(-), Aldao(2), Velo(11), Vilariño(-), Viaño(3)
Calasancias: Sofía(-). Sara(2), Sandra(2), Patricia(-), Cris(2), Maria (15), Lucia(6),Ucelay(2), Berta(-), Paula(12), Noelia(2), Vicky( 10)

Ningún comentario:

Publicar un comentario