domingo, 8 de novembro de 2015

GRANDE VICTORIA DAS JUNIORS EN BETANZOS

Santo Domingo Betanzos – Calasancias (28 – 58)

2ª Junior Femenina (4 Jornada)

Tocou madrugar na mañá do sábado para presenciar a gran victoria das juniors de Calasancias fronte Santo Domingo Betanzos na localidade de Betanzos ás 10 horas. O encontró foi dominado todo o tempo polo equipo visitante no marcador. O encontro comezaría cun equipo visitante moi concentrado, intenso e metido baixo unha gran defensa afisiante para o equipo local, chegando ao final do mesmo cun 2-19 no marcador. No segundo cuarto, esta ventaxa amplíouse aínda máis cun 6-13 de parcial, chegando cun resultado de 8-32 ao descanso.
Na segunda metade, o equipo local intentou meterse no encontró cun alto ritmo de xogo, unido a baixada de intensidade defensiva das visitantes e un ataque lento e parado contra a defensa local. Finalmente, as visitantes manteron a vantaxe no marcador no derradeiro cuarto. O resultado final foi 28-58, para Calasancias, certificando unha gran e importante victoria para dar moral o equipo na fase regular.

Santo Domingo Betanzos (28): García (-), Otero (2), Vogueira (4), Sas (2), López I (2), López I (2), Vázquez (-), Bosch (4), Santalla (10), Gónzalez (2), Feijao (-).

Calasancias (58): Bea (-), Dayana (2), Fandi (13), María (16), Paula (7), Isa (-), Sofía (-), Helena (8), Clara (12).

Parciales: 2-19/6-13/16-16/4-10

Pav. Municipal de Betanzos (Betanzos) 10:00

Ningún comentario:

Publicar un comentario