luns, 30 de novembro de 2015

Victoria contundente das Cadetes ante Arteixo

Partido xogado o Sábado as 12:00 no Colexio Calasancias.
Boa entrada para ver o encontro, xa que, fixo unha boa mañá, e tanto por parte do equipo visitante, como do equipo locatario, desprazaronse varios familiares e amigos para disfrutar de este encontro, no que nunca deixaron de animar, tanto polo equipo visitante, como polo colexial.

O encontro tivo un claro dominador dende o comezo do xogo, que foi o conxunto local, donde foi claramente superior. Isto fixo que, como pasou no anterior encontro disputado contra Maristas, as xogadoras que menos minutos xogaron, tivesen a oportunidade para reivindicarse.

Tal como indica o marcador 84-22, o equipo local foi superior o visitante, pero salientar, que a primeira metade, e en especial o 2º Cuarto( parcial 12-8), o equipo visitante plantou cara o xogo do equipo local, onde chegaríamos o descanso co resultado de 33-13. Na 2ª Metade, foi un monólogo do equipo Local, onde as rotación das xogadoras, facian non baixar o ritmo de xogo, e todas as xogadoras puideron ter os seus minutos de xogo. Destacar que todas xogadoras disfrutaron mais de 15 min na pista.

Calasancias 84: Sofia(-), Sara (5), Sandra(-), Cristina(6), Maria(20), Lucía(6), Ucelay(6), Berta(10), Paula(21), Noelia(-), Vicky(10).

Arteixo 22: Seoane(-), Rey(-), Botana(3), Quintans(-), Castro(-), Carracedo(10), Naveira(2), Toja(-), Sanchez(5), Senra(-), Fernandez(2).

Parciales: 21-5/ 12-8/28-1/23-8





Ningún comentario:

Publicar un comentario