luns, 30 de novembro de 2015

O equipo Junior loita ata o Final, pero non consegue a Victoria


Calasancias – Basquet Coruña Leyma 98  (41-44)

2ª Junior Femenina (7 Jornada)

Na mañá  do domingo 29 de novembro ás 10 horas, disputóuse a séptima xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra Basquet Coruña, nesta vez tivemos que actuar como locais no Colexio Calasancias en vez de a nosa pista habitual de Riazor. O encontro tardou en coller ritmo de xogo debido a temprana hora que se fixou, onde as xogadoras notaron certo cansancio ata que comezaron a soltarse na pista. O encontro estivo igualado todo o tempo por dous equipos que o deron todo e loitaron pola victoria, que finalmente caeu do lado das visitantes. O primeiro cuarto estivo marcado polas numerosas perdas de balón por ambos equipos., onde as locais anotaban a partir dun gran xogo interior e as visitantes mediante fallos ou rebotes que lle concedía o equipo local, chegando ao final do memo cun 8-6 no marcador. No segundo cuarto estas pérdidas de balón foron menores, pero o equipo visitante soupo aproveitar mellor as ventaxes en ataque para chegar ao descanso por delante no marcador cun axustado 17-19.

Tras o paso polos vestiarios, a tónica do partido non variou moito, xa que no terceiro cuarto viuse dous equipos moi igualdos, isto viuse reflejado no marcador cun 29-30. Finalmente, no derradeiro cuarto ambos equipos loitaron ata o final, para conseguir a victoria, pero ó final o partido caeu do lado das visitantes. O resultado final do encontró foi un axustado 41-44 para ás visitantes, certificándose así a victoria de Basquet Coruña.

Calasancias (41): Bea (-), Dayana (4),  Fandi (12), María (3), Paula (8), Isa (-), Sofia (7),  Helena (7).

Basquet Coruña (44): Moncada (-), Linares (2), García (4), Feija (6), Rocha (10), Boedo (-), Criado (-), Varela (2), Carro (14), Díaz (6).

Parciales: 8-6/9-13/12-11/12-14.
Col. Calasancias (Coruña) 10:00

Domingo 29 Noviembre. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario