luns, 2 de novembro de 2015

UNHA GRAN REACCIÓN NOS DOUS DERRADEIROS CUARTOS NON É SUFICIENTE

Calasancias – ACB Costa da Morte (41-43)

2ª Junior Femenina (3 Jornada)

Na mañá  do sábado 31 de octubre ás 12 horas, disputóuse a terceira xornada da 2ª División Junior Femenina entre o junior de Calasancias contra ACB Costa da Morte. O encontró comezou cun primeiro cuarto igualado entre os dous equipos, onde o equipo visitante estivo mellor no acerto de cara o aro, finalizando o cuarto 12-16 de parcial para as visitantes. No segundo cuarto da primeira metade, as locais baixaron de maneira considerable a súa intensidade na defensa, isto foi aproveitado polas visitantes, que con bandexas e correndo pola pista escapáronse no marcador cun resultado ao descanso 22-33.

Tras o paso polos vestiarios, o equipo local mediante unha gran defensa e acerto nos tiros dentro da zona, logrou acercarse ás visitantes cun parcial de 11-3, situándose ó marcador nun axustado 33-36. Finalmente, no derradeiro cuarto ó equipo local intentou conseguir a ansiada remontada do encontró, pero ó final quedáronse coa mel nos labios. O resultado final do encontró foi un axustado 41-43 para ás visitantes, certificándose así a victoria de ACB Costa da Morte.

Calasancias(41): Bea (2), Dayana (5),  Fandi (8), María (13), Isa (-), Sofia (-), Vicky (2), Helena (7), Clara (4).

ACB Costa da Morte(43): Pazos (2), Castro (8), Fernández (22), Agulleiro (-), Atan (-), Ferrol (11), Domero (-).


Parciales: 12-16/22-33/33-36/41-43.

Riazor 2 (Coruña) 12:00 

Ningún comentario:

Publicar un comentario