domingo, 15 de novembro de 2015

Derrota do Cadete ante un dos Favoritos

Derrota contundente ante un dos favoritos deste grupo na liga regular de 2ª División Femenina grupo A.

Partido disputado no Colexio Calasancias ás 12:00 ante un cento de persoas, maioritariamente familiares e compañeiros/amigos de ámbolos conxuntos.

O partido tivo dúas partes, onde o equipo colexial, competiu ben na primeira metade, facendo un bo traballo tanto defensivo como no ataque, onde houbo orde dentro do caos. As rapazas traballaban ben para parar os continuos contraataques das de Carballo, que correron todo o encontro, e sacaron boa conta dos erros que cometiamos e sempre anotando. Chegando ao descanso cun apertado marcador de 25-28, só tres puntos por enriba para as visitantes, polo que se esperaba un partido rifado.
Na segunda metade so exisitiu un equipo, ese equipo foi  o das pupilas de Joaquin Moreira, Artai. Melloraron o ataque, onde case non tiveron erros a canastra, mentres nós fallabamos moitos pases polo que lle dabamos moitas oportunidades de contraataque ás visitantes que aproveitaron as ocasións para abrir distancia, Unido a súa boa defensa de liña de pase, e que cando nós atacabamos non anotabamos, supuxo un duro golpe que desanimou ás xogadoras do Calasancias, xerando xogo apático e desordeado. Resultado final 39-59.

Calasancias: Sofía(-), Sara (3), Sandra(2), Patricia(-), Cris(-), Maria (12), Lucía( 6), Ucelay(4), Berta(-), Paula(7), Noelia(-), Vicky(5).
CB ARTAI : Nuria (4), Paula (14), Emma (12), Sabela (4), Iria, Emilia, Lola (20), Carla (2), Celia, y Sara Nión (3).


Ningún comentario:

Publicar un comentario