martes, 24 de novembro de 2015

Victoria das Cadetes na Casa. 72-29

Despois da derrota contra Artai, na casa, voltabamos a xogar na nosa pista, o partido adiantado de volta a petición de Maristas Cristo Rey, ao cal accedimos.

O encontro destacou, pola presenza no equipo visitante de duas ex xogadoras de Calasancias, como son Ana Martínez e María Couto, que disputaron o encontro na que foi a súa casa dende que comenzaron neste deporte, e que dende aqui para nos sempre será a súa casa.

O encontro comezou decantandose dende un comenzo, para as locais, que fixo valer a súa superioridade técnica como física na cancha. Destacar que no encontro disputaron minutos todalas xogadoras, sobre todo as menos habituais noutros encontros.

Pouco que decir deste partido, en canto o xogo dos equipos, nos que existiu un claro dominador no encontro que foi Calasancias, e un Maristas que foi de menos a mais chegando a anotar 15 puntos no ultimo cuarto, tendo en conta que na primeira metade só anotaron 6.

Calasancias 72: Sofía (4), Sara (7), Sandra (4), Patricia (-), Cristina (4), María (10), Lucía (10), Ucelay(4), Berta(4), Paula (21), Noelia(4), Vicky (-).

Maristas Cristo Rey 29: Moscoso (-), Campo(-), Pose(10), Fernández ( -), Ana Martínez (2), Maldonado (-), Mingote (5), Couceiro(-), Patiño (1), María Couto (5), García (6).

Parciales: 20-4/12-2/14-8/24-15      72-29



Ningún comentario:

Publicar un comentario