martes, 27 de outubro de 2015

A Primeira victoria é a que mais custa.

Despois do primeiro encontro, en Cee, que se saldou cunha derrota, o Senior Zonal feminino, gaña a Cambre cun resultado de 45-38, e estrea o casilleiro de victorias nesta liga 2015/2016.
As nosas, mantivéronse por diante no marcador durante todo o encontro, tendo varias ocasións para ampliar a ventaxa pero non souperon aproveitar esa oportunidade. A gran defensa realizada polas rapazas, supliu por momentos esa carencia en ataque que nos atopámos por momentos. A pesares de estar cargadas de faltas, sobre todo as xogadoras interiores, sacamos adiante un difícil partido, no que as visitantes en aspecto superábanos, pero o noso grupo e traballo de equipo fixo que fosemos polo menos neste partido superiores as de Cambre.



Calasancias: Antía, Marta Ramis(15), Marta Domínguez(4), Druki(10), Karen, Maca (4), Blanca (7), Carlota, Naveira (4), Lucía (1)
Cambre: Aldao (3), Nicolás(2), Regueiro (4), Ares, Tomé (12), Cortés (14), Crespo (3)

Ningún comentario:

Publicar un comentario