luns, 26 de outubro de 2015

Debut con Victoria do Cadete Femenino

Non todolos debuts de liga son fáciles, e mais tan madrugadores( as 10:00 da mañá), es sobre todo se añadimos un conxunto difícil e favorito para estar na parte alta da taboa, como é o conxunto dirixido por Gonzalo Faya, o C.B. Culleredo.
Os primeiros minutos foron para os locais que lograron facer un parcial e inquietar coa defensa ao equipo visitante, pero un tempo morto pedido polos visitantes, e sumado as rotacións locais onde se baixou a intensidade de xogo, fixo que as de Culleredo chegasen incluso a remontar o partido e poñerse un anaco, por diante no marcador. As locais reaccionaron, e conseguiron poñerse diante outra vez no luminoso, para poder chegar o descanso por diante. (30-25).
Na segunda metade, o terceiro cuarto foi o que abriu brecha no marcador, no que as locais moveron ben o balón, e fixeron un parcial amplo, onde se irían a xogar o derradeiro cuarto cunha gran ventaxe.(52-39). Ese derradeiro cuarto foi un suplicio para as locais onde o desacerto defensivo, a pasividade no ataque, sumado ao empuxe das visitantes que souperon aproveitar a relaxación das locais, permitiunas soñar coa remontada. Por sorte para as locais, non chegou a consumarse. 62-58 o Final do encontro.

Calasancias: Sara (6),Sandra (2),Patricia (-),Cristina (4),Maria (16),Lucía (10),Ucelay (-) Berta (2) Paula (10), Noelia (2), Vicky (10), Sofía (-).
C.B. Culleredo: Espiñeira (12, 2t), López (4), Chouciño(-), Garcia( 6), Pardo(9), Mernies(9), Ortega(11), Cabanas( 5), Serradio(2), Arca(-), Pérez(-).


Parciales: 16-14/14-11/22-14/10-19.  Colexio Calasancias 10:00 Sábado (60 personas aprox)









Ningún comentario:

Publicar un comentario